Manuel Pardo Becerra
Manuel Pardo Becerra, nado cara a 1834 e finado en Lugo o 8 de xuño de 1921, foi un avogado e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1834 ![]() |
Morte | 8 de xuño de 1921 ![]() Lugo, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, avogado ![]() |
Membro de | |
![]() |
Traxectoria
editarFillo de José Pardo Moinelo. Licenciado en Dereito civil e canónico (1886), foi avogado fiscal da Audiencia de Lugo. Con Amador Montenegro fundou en 1889 A Monteira, na que publicou no número inicial a primeira entrega dun artigo titulado "D'a fala gallega" no que se reclamaba a rexeneración da lingua galega. Colaborou en El Lucense e La Integridad. Foi presidente do Consello Diocesano da Adoración Nocturna, da Federación de Sindicatos Agrícolas e vicepresidente de La Editorial Católica Lucense, editora de La Voz de la Verdad. Fundou e dirixiu entre 1912 e 1921 a Caixa de Aforros e Monte de Piedade de Lugo. Finou en Lugo o 8 de xuño de 1921 aos 86 anos.[1]
Notas
editar- ↑ Necrolóxica en La Voz de la Verdad, 9-6-1921, p. 1-2.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Somoza, Juan Ramón (1915). Semblanzas. Lugo: Gerardo Castro. p. 155. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2024. Consultado o 31 de maio de 2024.