Manuel Olveira Paz
Manuel Olveira Paz, nado en Porto do Son en 1964, é un artista visual, foi director do "Hangar" de Barcelona e até 2009 dirixiu o Centro Galego de Arte Contemporánea.
![]() (2020) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de febreiro de 1964 ![]() Porto do Son, España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | crítico de arte, escritor, comisario de arte, artista visual ![]() |
![]() ![]() |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2017.) |
Traxectoria
editarManuel Olveira licenciouse en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela e en Belas Artes pola Universidade Central de Barcelona. Obtivo un doutoramento en Educación Artística pola Universidade de Granada. Dirixiou os servizos pedagóxicos do CGAC entre 1998 e 2001 e foi director de "Hangar", un centro de produción de artes visuais e multimedia de Barcelona, entre 2001 e 2005.
Foi comisario de numerosas exposicións, como Olladas Oceánicas, no Museo do Mar de Vigo (2003), Transplant Heart (2000) ou Lost in Sound (1999), que foi a segunda mostra máis visitada da historia do CGAC. Tamén Nuevos Caminos: amenazas y promesas del arte electrónico (Casa das Artes, Vigo, 1998), Outra Mirada (CGAC, Santiago, 1998). Ten coordenado performances como Mudanzas (Santiago, CGAC, 1997) e actividades como Caligula de Needcompany & Jan Lawers ou o Ciclo de Cinema Experimental (CGAI e CGAC, Santiago e A Coruña, 1998).
Foi responsábel do guión de varios vídeos e programas de televisión. Foi profesor en diversos cursos das universidades de Santiago e Central de Barcelona e ten publicados numerosos libros, artigos e catálogos de arte contemporánea.