Manuel Miragaia
Manuel Miragaia Doldán, nado na Coruña o 17 de xullo de 1958, é un escritor galego e exprofesor do IES Universidade Laboral.
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de xullo de 1958 ![]() A Coruña, España ![]() |
Formación profesional | Filosofía e Maxisterio |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | mestre ![]() |
Xénero artístico | Narrativa e poesía |
![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarLicenciado en Filosofía pura pola Universidade de Santiago de Compostela e diplomado en Maxisterio por Ciencias Sociais, é especialista en lingua galega e diplomado en galego pola Escola Oficial de Idiomas da Coruña. Na actualidade, traballa como profesor no IES As Mariñas, en Betanzos. Realizou diversos traballos de investigación e innovación educativa, impartiu cursos e actuou en diversas ocasións como conferenciante e en recitais de poesía.
Desde 1976 escribe habitualmente en diversos medios de comunicación: El Ideal Gallego, El Correo Gallego, A Nosa Terra, Man Común e fundamentalmente en La Voz de Galicia. Tamén escribiu semanalmente no xornal Galicia Hoxe.
Obras
editarPoesía
editar- Xénese e apocalipse, 1981, Ediciós do Castro.
- Galeguia, 2017, Chiado.
- O sentido do infinito, 2019, Urutau.
Narrativa
editar- Manual para escritores e outras sátiras, 1997, Toxosoutos.
Obra colectiva
editar- A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.