Manuel Linares Rivas
Manuel Linares-Rivas Astray, nado en Santiago de Compostela o 3 de febreiro de 1867 e finado na Coruña o 6 de agosto de 1938[1], foi un político e dramaturgo galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de febreiro de 1866 Santiago de Compostela, España |
Morte | 3 de febreiro de 1938 (71 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | dramaturgo, político, académico |
Membro de | |
Xénero artístico | Dramaturxia |
Familia | |
Pai | Aureliano Linares Rivas |
Parentes | Luis Linares Becerra José María Linares Rivas Concha Linares-Becerra Luisa-María Linares |
Descrito pola fonte | Diccionario bio-bibliográfico de escritores, (vol:2, p.288-290) |
Traxectoria
editarFillo de Aureliano Linares Rivas cuxo segundo apelido tomou, e animado polo seu exemplo, logo de estudar Dereito, entrou en política. Foi deputado polo distrito de Ordes (1891, 1896 e 1899), senador pola provincia da Coruña nas lexislaturas de 1903 e 1907 e senador vitalicio dende 1914. Foi académico da Real Jurisprudencia e da Real Academia Española (1921). Unha xordeira progresiva foino inclinando á arte dramática. Empezou como redactor nas revistas El Resumen e El Nacional. Despois da estrea de El camino de la gloria e La ciencia de los hombres (1893) a súa carreira interrompeuse máis de oito anos, quizais pola negativa do seu pai a que desenvolvese o que se consideraba unha mera afección. A súa muller, Elisa Soujol O'Connor, coa que casou o 10 de outubro de 1894, animouno a seguir estreando. Varios manuscritos inéditos consérvanse na Biblioteca da Deputación da Coruña.
A súa obra
editarPertence á escola de Jacinto Benavente, pero cunha nota persoal de vigor e sátira. Propuxo problemas candentes e espiñentos do mundo burgués como en La garra, que ten como tema o divorcio, e abordou o drama rural en Cristobalón, no que se percibe unha clara influencia de Terra Baixa de Àngel Guimerà. As súas obras foron moi populares no seu tempo, pero quedaron totalmente esquecidas logo da súa morte.[2] Era un teatro burgués, con situacións e linguaxe artificiais propenso a defender teses.[3]
Obras
editar- Obras completas, Madrid: Hispania, 1920.
- Obras escogidas, Madrid: Aguilar, 1947.
Teatro orixinal
editar- El camino de la gloria (1893).
- La ciencia de los hombres (1893).
- Aire de fuera (1903).
- El abolengo (1904).
- María Victoria (1904).
- La cizaña (1905).
- Bodas de plata (1906).
- El caballero lobo, (1910).
- El buen demonio (1911).
- La raza (1911).
- Camino adelante (1913).
- Como buitres (1913).
- La garra (1914).
- La espuma del champagne (1915).
- Toninadas (1916).
- Las zarzas del camino (1917).
- En cuerpo y alma (1918).
- Cristobalón, (1920), drama rural.
- Almas brujas (1922).
- La mala ley (1923), drama rural.
- La jaula de la leona (1924).
- Alma de aldea (1924).
- Cuando empieza la vida (1924).
- Primero, vivir... (1926).
- A martillazos (1927).
- Mal año de lobos (1927), drama rural.
- El rosal de las tres rosas (1928).
- Hilos de araña, (1929).
- Sancho Avendaño, (1930).
- ¡Déjate querer, hombre! (1931).
- Todo Madrid lo sabía... (1931).
- Fantasmas.
- Cobardías.
- Lo pasado, o concluido o guardado.
- Pájaro sin alas.
- La fuerza del mal.
- Lo posible.
- En cuarto creciente.
- El mismo amor.
- Nido de águilas.
- Lo que engaña la verdad.
- La fuente amarga...
Adaptación
editar- La casa de la Troya, de Alejandro Pérez Lugín.
- La viuda alegre.
Novelas
editar- El caballero Pedrín.
- Pau de los Pedreles.
- Lo que no vale la pena.
- Lo difícil que es ir al cielo.
Notas
editar- ↑ Couceiro Freijomil, A. (1952). "Linares-Rivas y Astray, Manuel". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 288-290.
- ↑ Fidel López Criado Fausto y su circunstancia: El teatro de Manuel Linares Rivas
- ↑ Manuel Gómez García (1998): Diccionario Akal de Teatro. Akal, páx. 478
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manuel Linares Rivas |
Bibliografía
editar- Aparisi , Luis M. (2016). Gallegos en la Real Academia Española (PDF) (en castelán). Asociación Cultural da Vieira.
- Díaz Ronco, María Modesta (1952). Vida y obras de Manuel Linares Rivas. Universidade Complutense de Madrid.
- Freire de Andrade, Joaquín (2019). Manuel Linares Rivas, comediógrafo contemporáneo. Real Academia Galega.
- Huerta, Javier; Peral, Emilio; Urzaiz, Héctor (2005). Teatro español de la A a la Z. Madrid: Espasa-Calpe. pp. 405–406.
Ligazóns externas
editar- Ficha no CongresoArquivado 21 de outubro de 2020 en Wayback Machine.
- Ficha no Senado