Manuel Lastres Abente
Manuel Lastres Abente, nado en Vigo o 5 de maio de 1903 e finado en Málaga o 2 de xaneiro de 1984, foi un médico e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de maio de 1903 ![]() Vigo, España ![]() |
Morte | 2 de xaneiro de 1984 ![]() Málaga, España ![]() |
![]() | |
1931 – 1932 – Electo Carballo Matos → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | médico, político ![]() |
Traxectoria
editarFillo do cirurxián José Lastres García. Trasladouse cos seus pais e irmáns a Vilaboa (Culleredo). Casou en Almeiras con Elisa Pardo Pernas en 1927. Médico de profesión, abriu consulta na Coruña e traballou tamén na Casa de Socorro. Logo de repetirse as eleccións municipais o 24 de maio de 1931, o 5 de xuño constitúese o novo Concello e Manuel Lastres foi elixido alcalde. Foi cesado en 1932, aínda que permaneceu como concelleiro ata a súa dimisión en novembro de 1934. Ingresou no Partido Galeguista en 1932. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 incorporouse á Cruz Vermella na zona de Catro Camiños e estivo curando aos feridos que entraban xunto a outros médicos, ata que chegaron os soldados. Despois foi mobilizado como médico militar. Marchou a Madrid para preparar oposicións a Médicos de Asistencia Pública Domiciliaria, aprobou en 1940 e obtivo praza nunha vila de Las Palmas. En 1945 obtivo praza en Jimena de la Frontera e en 1959 pasou a Marbella. En 1973 xubilouse e marchou vivir a Málaga.
Predecesor: ' |
Alcalde de Culleredo 1931 - 1932 |
Sucesor: Electo Carballo Matos |
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Manuel Lastres Abente, o primeiro alcalde de Culleredo na II República Arquivado 09 de abril de 2015 en Wayback Machine.