Manuel Lamas Soto

político galego

Manuel José Lamas Soto, nado en Igrexafeita (San Sadurniño) en 1955 e finado en San Sadurniño o 19 de xaneiro de 2016, foi un político galego do PSdeG-PSOE.

Modelo:BiografíaManuel Lamas Soto
Biografía
Nacemento(es) Manuel José Lamas Soto Editar o valor en Wikidata
1955 Editar o valor en Wikidata
Igrexafeita, España Editar o valor en Wikidata
Morte19 de xaneiro de 2016 Editar o valor en Wikidata (60/61 anos)
San Sadurniño, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de San Sadurniño
1983 – abril de 1990 (moción de censura)Constantino Bedoya Vázquez → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido dos Socialistas de Galicia Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Participou na creación da revista Pumariño en 1976 e mais na asociación de veciños Adiante da súa parroquia natal a partir de 1978, chegando a se-lo seu presidente. Encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE en San Sadurniño nas eleccións municipais de 1979, logrando 6 concelleiros fronte ós 7 de CIDSA. Encabezou de novo a candidatura socialista nas municipais de 1983 e foi elixido alcalde como cabeza da lista máis votada. Durante o seu mandato tivo que lidar coa crise industrial da comarca de Ferrol e a necesidade de infraestruturas do concello, logrando mellorar estas e a instalación, mediante a ZUR, de empresas como a madeireira Intasa e a conserveira El Cisne. Volveu ser elixido alcalde tralas municipais de 1987, tamén como cabeza da lista máis votada. Gobernou en minoría ata que en novembro de 1988 estableceu un goberno cos independentes, o cal se mantería ata xaneiro de 1990. En abril dese mesmo ano perdeu a alcaldía mediante unha moción de censura impulsada polo PPdeG e os independentes.

Volveu se-lo candidato socialista á alcaldía en 1991 e 1995, pero non conseguiu recupera-lo goberno logo das vitorias do PPdeG. Formou parte de candidaturas do PSdeG en seguintes convocatorias electorais en postos honoríficos.


Predecesor:
César Antonio López Fernández
  
Alcalde de San Sadurniño
 
1983 - 1990
Sucesor:
Constantino Bedoya Vázquez

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar