Manuel García Rodríguez
guerrilleiro antifranquista galego
Manuel García Rodríguez, Porco, nado en Langullo (parroquia de Cesuris, Manzaneda) e finado en Ourense o 3 de setembro de 1959, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido ![]() Langullo, España ![]() |
Morte | 3 de setembro de 1959 ![]() Ourense, España ![]() |
Causa da morte | pena de morte, garrote ![]() |
Outros nomes | Porco ![]() |
Actividade | |
Ocupación | maquis ![]() |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarNo monte dende xullo de 1936, pertenceu ao grupo de Mario de Langullo. De carácter violento, fixo honra aos alcumes de Verdugo e Sarxento, foi o autor do asasinato do cura de Cesuris e de numerosos atracos. Mario de Langullo acabou por expulsalo do grupo. Agochado dende 1945 na casa de Gumersinda Rodríguez en Placín, foi denunciado pola muller que o albergaba e arrestado o 7 de novembro de 1958 en Pena Folenche (A Pobra de Trives). Xulgado en Ourense en consello de guerra, foi condenado a garrote vil e executado na cadea da cidade o 3 de setembro de 1959.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Domínguez González, Xosé (1992). Mario de Langullo. O último fuxido. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco.
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8.