Manuel Fernández Lourido
Manuel Fernández Lourido, coñecido como Manuel F. Lourido ou Lourido, nado en Vigo e finado en Buenos Aires o 19 de novembro de 1920,[1] foi un debuxante e ilustrador galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX Vigo, España |
Morte | 19 de novembro de 1920 Buenos Aires, Arxentina |
Actividade | |
Ocupación | debuxante |
Traxectoria
editarAasentado en Vigo, dende 1909 traballou como debuxante en La Metalúrgica, empresa dedicada á estampaión de folladelata. Publicou debuxos en prensa e fixo a portada do libro O miñato e mais a pomba de Avelino Rodríguez Elías. Foi vogal da directiva da Asociación General de Cultura. En 1911 fixo unha exposición no Círculo Mercantil que foi un éxito, e en 1912 participou na exposición do Centro Galego de Madrid.[2] Emigrou a Río de Xaneiro en 1911.[3] Despois marchou a Arxentina.[4] Desde Buenos Aires colaborou en Vida Gallega e nas revistas arxentinas Suevia, Plus Ultra e Caras y Caretas.[5] Enfermo, finou no Hospital Español de Temperley o 19 de novembro de 1920.[6]
Vida persoal
editarCasou en Vigo con Eva Montenegro Batista, que finou en Vigo en 1927, e foi pai de Manuel e María Ernestina Fernández Montenegro.[7]
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Gegúndez López, Carlos (2020). "A arte de Lourido: os trazos da súa inspiración e o ronsel de Castelao". Anuario Brigantino (43): 481–504. ISSN 1130-7625.
- Martón, Gerardo G. (2-10-1994). "Fernández Lourido, el dibujante que triunfó en Argentina". La Voz de Galicia: 42.