Manuel Diz Ramos
Manuel Diz Ramos, nado en Alén (Xirazga, Beariz), en 1927, é un escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1927 (97/98 anos) Alén, España |
Educación | Universidade Federal de Minas Gerais |
Actividade | |
Ocupación | docente de matemáticas e física |
Premios | |
Encomenda da Orde do Mérito Civil do Reino de España |
Traxectoria
editarEra fillo do comerciante José Diz Gil e mais de Genoveva Ramos Ogando, que emigraron á capital do estado en diferentes momentos e circunstancias. O seu bisavó traballara na construción e fixo obras como o ferrocarril. De adolescente traballou nas minas de estaño no seu poboado de orixe e como canteiro nas provincias de Huesca e León.
A finais do ano 1946 emigrou para o Brasil.[1] Nos primeiros anos residiu en Salvador, Baía, e máis tarde, en 1951, pasou a vivir a Belo Horizonte, Minas Xerais, onde traballou no comercio e a construción civil. Estudou no colexio Santo António e fixo un curso de posgraduado de especialización no ensino de Ciencias na Universidade Federal de Minas Gerais, tras o que exerceu como docente de matemáticas e física.
Foi introdutor e primeiro correspondente da revista Carta de España, editada polo Instituto Español de Emigración. Foi Presidente do Instituto Mineiro de Cultura Hispánica, en Belo Horizonte e director-presidente, por varios anos, do Grémio Español de Socorros Mutuos e Instrución. Foi tamén Consultor de Física, por varias veces, no sector de Suplencia (DESU) en Belo Horizonte. Coordinou e compilou o libro Noventa años de Historia del Gremio Español de S. Mútuos e Instrucción (2001).
Obra
editar- Phoenix Hispánica (1998) (tamén en portugués) [2]
- Poemas na emigración (inédito; a maior parte do contido apareceu a partir do 1993 na revista O Quince do Concello de Beariz) [3]
- Espanhóis em Belo Horizonte (2011; en portugués) [1]
- Fragmentos de lendas e contos de aldea (2004) [4]
- Isaías, o emigrante soñador (2004) [5]
- O mundo de Thaynara (2007) [6]
- Os Andaregos de Patópolis (2004) [7]
- Rancores do pasado (2007) [8]
- Un neno da aldea (2008) [9]
- Ensaio sobre a Guerra Civil Espanhola. Uma vivência das verdadeiras emoções (2011) [10]
- Planeta Terra e seus Mistérios (inédito) [Cómpre referencia]
- A república de Patópolis (inédito) [Cómpre referencia]
- Vidas fragmentadas (inédito) [Cómpre referencia]
Obra colectiva
editar- Pedigree
Premios
editarRecibiu a "Encomenda da Orde do Mérito Civil do Reino de España", imposta por Xoán Carlos I.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Entrevista en Brasil das Gerais Rede Minas, 2013.
- ↑ Phoenix Hispánica
- ↑ Poemas na emigración
- ↑ "Fragmentos de lendas e contos de aldea". Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2012. Consultado o 03 de novembro de 2016.
- ↑ Isaías, o emigrante soñador
- ↑ "O mundo de Thaynara". Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2012. Consultado o 03 de novembro de 2016.
- ↑ Os Andaregos de Patópolis
- ↑ "Rancores do pasado". Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2012. Consultado o 03 de novembro de 2016.
- ↑ "Un neno da aldea". Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2012. Consultado o 03 de novembro de 2016.
- ↑ "Lançamento do livro - Manuel Diz Ramos" Arquivado 04 de novembro de 2016 en Wayback Machine. 17/11/2011.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Manuel Diz Ramos na Biblioteca Virtual Galega, UDC.
- "Veintidós plumas con Pedigree dan ayuda solidaria a A Estrada" Faro de Vigo, 3/5/2013.
- "Minas de estaño (Manuel Diz Ramos)" fragmento lido por Isidro Novo. AELG.