Manuel Costa Casares

político galego

Manuel Costa Casares, nado en Agolada en 1934 e finado en Santiago de Compostela o 6 de febreiro de 2014[1], foi un político galego do PPdeG que foi 26 anos alcalde de Agolada.

Modelo:BiografíaManuel Costa Casares
Biografía
Nacemento1934 Editar o valor en Wikidata
Agolada, España Editar o valor en Wikidata
Morte6 de febreiro de 2014 Editar o valor en Wikidata (79/80 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Agolada
1979 – 8 de novembro de 2005 (dimisión)
← Luís Yebra-Pimentel VidalRamiro Varela Peón → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Rexentaba unha empresa de transporte de viaxeiros e mercancías. Nas primeiras eleccións democráticas presentouse encabezando a lista de UCD, obtendo cinco concelleiros, por seis de Alianza Popular, un de UG e outro do PSdeG. Os concelleiros de UG e PSdeG pactaron con UCD e permitiron gobernar a Manuel Costa. Nas eleccións de 1983 encabezou a candidatura de Coalición Independientes de Galicia (CIG) obtendo a maioría absoluta. Nas municipais de 1987, nas que se presentou polo PPdeG, volveu revalidar a maioría absoluta, que repetiu nas sucesivas eleccións. En novembro de 2005 decide abandonar a alcaldía, sendo substituído polo seu xenro Ramiro Varela Peón[2].


Predecesor:
Luis Yebra-Pimentel Vidal
  
Alcalde de Agolada
 
1979 - 2005
Sucesor:
Ramiro Varela Peón
  1. J. Benito (6 de febreiro de 2014). "Falece esta madrugada o ex alcalde de Agolada, Manuel Costa Casares". La Voz de Galicia. 
  2. Mónica G. Alonso (9 de novembro de 2005). "Un último pitillo como alcalde". Faro de Vigo (en castelán). 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar