Manuel Carballal Pena
Manuel Carballal Pena, nado en Cumeiro (Vila de Cruces) en 1898 e finado na Coruña o 15 de decembro de 1948, foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1898 ![]() Cumeiro, España ![]() |
Morte | 15 de decembro de 1948 ![]() Cárcere da Coruña, España ![]() |
Causa da morte | suicidio ![]() |
Actividade | |
Ocupación | industrial, político ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarTaberneiro en Vila de Cruces. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e trasladado á illa de San Simón. Xulgado e Pontevedra en consello de guerra o 9 de xaneiro de 1937 por auxilio á rebelión xunto con outros 18 republicanos de Carbia,[1] foi condenado a cadea perpetua.[2] Foi trasladado ao forte de San Cristovo en Pamplona en maio de 1937.[3] Sufriu expediente de incautación de bens en outubro de 1937. Participou na fuga do penal de Pamplona o 22 de maio de 1938 e foi capturado, reingresando ao día seguinte. Foille conmutada a pena a 3 anos o 12 de decembro de 1942 e volveu a Vila de Cruces. En 1948 foi novamente procesado e encarcerado, acusado de axudar á guerrilla antifranquista. Suicidouse no cárcere da Coruña o 15 de decembro de 1948.
Notas
editar- ↑ El Progreso, 8-1-1937, p. 3.
- ↑ El Progreso, 27-1-1937, p. 1.
- ↑ "Carballal Pena, Manuel". Los presos del penal de Ezcaba.