Manuel Cagide Iglesias
avogado, comerciante e político galego
Manuel Cagide Iglesias-Deza, nado na Estrada e finado no mesmo concello en xuño de 1911,[1] foi un avogado, comerciante e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX A Estrada, España |
Morte | xuño de 1911 A Estrada, España |
Alcalde da Estrada | |
1902 – 1904 ← Laurentino Espinosa Valladares – Jenaro Otero Vinseiro → | |
Actividade | |
Ocupación | político, avogado, comerciante |
Traxectoria
editarDesempeñou o cargo de fiscal municipal de 1900 a 1902.[2] Foi alcalde da Estrada do 1 de xaneiro de 1902 ao 1 de xaneiro de 1904. Foi deputado provincial.
Predecesor: Laurentino Espinosa Valladares |
Alcalde da Estrada 1902 - 1904 |
Sucesor: Jenaro Otero Vinseiro |
Vida persoal
editarCasou con Flora Ciorraga Soto, filla do secretario do xulgado municipal José Ciorraga, e foi pai do tamén avogado Eduardo Cagide Ciorraga.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Varela Castro, Pedro (1923). El Eco de Santiago, ed. La Estrada. Santiago de Compostela. Consultado o 17 de outubro de 2012.
- Alcaldes estradenses