Manuel Álvarez Díaz
guerrilleiro antifranquista
Manuel Álvarez Díaz, coñecido como Sordo, nado en Noceda del Bierzo (León) en 1912, foi un guerrilleiro antifranquista.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1912 ![]() Noceda del Bierzo, España ![]() |
Morte | valor descoñecido ![]() valor descoñecido ![]() |
Outros nomes | Sordo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | maquis ![]() |
Membro de | |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarA mediados de 1945 reorganizou o PCE en Vigo antes de fuxir ao monte en xuño de 1946. Pertenceu ao grupo de Benigno Andrade García que en novembro de 1946 se uniu ao destacamento Paco Barreiro da V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia controlado por Manuel Simón Campos. Foi reclamado mediante requisitoria polo Xulgado Militar de Vigo en agosto de 1947 como encartado na causa 271/47, xunto con Víctor García García, Miguel Nicolás Esperante, Claudio Rodríguez Vázquez, Basilio Calvar Solla, Estanislao Cantero Izquierdo e Eugenio Rueda Perosanz.[1] Desapareceu despois da eliminación do destacamento en maio de 1947.
Notas
editar- ↑ El Pueblo Gallego, 9-8-1947, p. 2.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Abad Gallego, Xoán Carlos (2005). Héroes o forajidos. "Fuxidos" y guerrilleiros antifranquistas en la comarca de Vigo. Vigo: Instituto de Estudios Vigueses. p. 464. ISBN 84-89599-33-5.