Manolo Posada
Manuel Posada Tapias, nado en Vigo o 2 de agosto de 1896, foi un futbolista galego máis coñecido como Manolo Posada, que xogaba na demarcación de dianteiro.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 2 de agosto de 1896 ![]() Vigo, España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarComezou xogando no Real Club Fortuna de Vigo, pero os seus estudos en Madrid permitíronlle alternar o equipo vigués co Real Madrid.
Trala fusión do Fortuna co Real Vigo Sporting Club e o nacemento do Celta de Vigo en 1923 o dianteiro do Real Madrid volveu a Vigo para enrolarse nas filas no novo club.
O seu primeiro encontro oficial co Celta foi o segundo do Campionato de Galicia, na tempada 1923-24, fronte ao Unión Sporting Club de Lavadores e no que marcou 3 dos 7 goles que marcou o Celta (7-0). O Celta proclamouse Campión de Galicia sen sufrir ningunha derrota.
Porén foi a última tempada do xogador no Celta, xa que abandonou o fútbol e pasou a formar parte da directiva do club.
Tamén formou parte da Selección de fútbol de Galicia en varias ocasións, como por exemplo o encontro internacional ante a Selección de Lisboa o 27 de maio de 1923.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Marcos L. Bacariza (2 de maio de 2010). "Manolo Posada". Yo jugué en el Celta (en castelán).