Maite Tocino

sindicalista e política galega

María Teresa Tocino Barreiro, coñecida como Maite Tocino, nada en Pontecesures en 1980, é unha política galega do BNG.

Modelo:BiografíaMaite Tocino
Biografía
Nacemento1980 Editar o valor en Wikidata (44/45 anos)
Pontecesures, España Editar o valor en Wikidata
Alcaldesa de Pontecesures
2023 –
← Juan Manuel Vidal Seage Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista, política Editar o valor en Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Cursou estudos de Relacións Laborais. Traballadora dunha multinacional da alimentación na que foi delegada de persoal e presidenta do comité de empresa en representación da CIG. Nas eleccións municipais de 2015 foi a número 2 da candidatura do BNG en Pontecesures, encabezada por Cecilia Tarela, sendo elixida concelleira e encargándose da área de Cultura no goberno encabezado por Tarela ata a moción de censura de maio de 2016. Nas municipais de 2019 volveu ser elixida concelleira como número 2 do BNG, manténdose na oposición. Nas municipais de 2023 encabezou a candidatura do BNG, que pasou de 2 a 4 concelleiros, e foi elixida alcaldesa co apoio dos 2 concelleiros do PSdeG-PSOE[1], cos cales formaría goberno.


Predecesor:
Juan Manuel Vidal Seage
  
Alcaldesa de Pontecesures
 
2023 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar