Main Tower
A Main Tower é un rañaceos que se atopa no centro da cidade de Frankfurt, no estado alemán de Hessen. Recibe o seu nome do río Main, que atravesa Frankfurt. A súa altura máxima é de 240 metros (200 sen contar a súa antena). É o cuarto edificio máis alto de Alemaña e de Frankfurt, empatado co Tower 185. Tamén é o único rañaceos da cidade que conta cun observatorio de acceso público.
Main Tower | |
---|---|
![]() | |
Edificio | |
Tipo | Oficinas comerciais |
Estilo | Arquitectura posmoderna |
Custo | 700 millóns de marcos alemáns |
Enderezo | Neue Mainzer Straße 52-58 |
Localización | Frankfurt, Hessen, ![]() |
Coordenadas | 50°06′45″N 8°40′20″L / 50.1125, 8.6722222222222 |
Construción | |
Inicio | 18 de outubro de 1996 |
Remate | marzo de 1999 |
Dimensións | |
Altura | 200 m e 240 m ![]() |
Superficie | 101 705 m² |
Altura máxima | 240 m |
Altura da azotea | 200 m |
Plantas | 56 |
Número de ascensores | 27 |
Equipo | |
Arquitecto(s) | Schweger + Partner |
Contratista | Hochtief e Philipp Holzmann |
[ editar datos en Wikidata ] |
A estrutura componse de dúas torres conectadas. A máis pequena ten forma de prisma e un deseño típico de edificios da década de 1970. A meirande ten forma circular cunha fachada de cristal azul.
Panorámica de Frankfurt dende a Main Tower.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Main Tower |
Ligazóns externas
editar- Páxina oficial (en alemán)