Mafalda[1] é un nome propio feminino galego. Ten a súa orixe nunha variante portuguesa de Matilde ou do francés antigo Mahalt (o son h, inexistente en portugués, foi substituído co f), á súa vez derivado do xermánico Mechtild ou Matchild, composto das palabras "forza" e "combate", co significado de "forte no combate".

Este nome forma parte do patrimonio onomástico da casa de Savoia. A súa onomástica segundo o santoral católico celébrase o 7 de agosto (en lembranza da beata raíña Mafalda de Portugal), ou o 2 de maio (en lembranza da beata Mafalda abadesa de Arouca).

En xaneiro de 2023 existían 33 mulleres en Galicia co nome Mafalda, cunha media de idade de 19,4 anos.[2]

Personalidades

editar

Existiron estas persoas con este nome:

Lugares

editar

Ademais, o topónimo Mafalda pode referirse a:

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar