Madre de Deus
Madre de Deus é un concello brasileiro do estado da Baía. Posúe unha área de 32 201 km², cunha poboación estimada en 2017 de 21 007 habitantes. O seu antigo nome era Ilha dos Cururupebas, en virtude do cacique tupinamba Cucurupeba que habitaba nesa illa e que após anos de resistencia, sucumbiu aos ataques dos colonizadores portugueses.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Brasil | ||||
Unidades da federación | Baía | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 18.504 (2022) (578,25 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 32 km² | ||||
Bañado por | Baía de Todos-os-Santos (pt) | ||||
Altitude | 1 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1990 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Prefixo telefónico | 71 | ||||
Código de concello do Brasil | 2919926 | ||||
Sitio web | madrededeus.ba.gov.br |
Xeografía
editarO concello está localizado nunha illa. A súa ligazón co continente é a través dos concellos de Candeias e São Francisco do Conde. Unha ponte construída no final dos anos cincuenta une a illa co continente, aínda que coa marea baixa é posíbel atravesar a pé dun lado ao outro. A illa sitúase na Baía de Todos os Santos, a maior do Brasil. O concello antes pertencía a Salvador e emancipouse nos anos oitenta. Alén do terminal marítimo de Petrobras, outras actividades son a pesca artesanal e o turismo, pois trátase da praia máis próxima da rexión. É unha rexión marcada por fortes agresións ecolóxicas, oriúndas da industria petrolífera, sendo relevantes na historia do concello os derramamentos de petróleo de 1992 e 1999.
Este concello está subdividido en dúas áreas: a Illa de Madre de Deus e a Illa de Maria Guarda. A Illa de Madre de Deus, á súa vez, divídese nos barrios do Centro, Suape, Cação, Marezinha, Mirim, Alto do Paraíso, Apicum, Nova Madre de Deus e Quitéria, Alto da Matriz, Alto do Santo Antônio, Alto da Boa Vista, Cururupeba, Malvinas e Nova Brasília.
Praias
editarCultura
editarDeporte
editarO concello é lar do club de fútbol Madre de Deus Sport Clube, fundado o 22 de xaneiro de 2002, que en 2008 venceu de forma invicta a Segunda División Baiana.
Entroido
editarO entroido de Madre de Deus é unha festa na rúa no que diversas persoas van detrás dun trío eléctrico. Existe a tradición de vestirse con fantasías que cobren o corpo enteiro, as chamadas "caretas".