Madison Square
praza e parque en Manhattan, Nova York
Madison Square é unha praza situada na intersección da Quinta Avenida e a rúa 23 en Manhattan, Nova York, Estados Unidos. O seu nome fai referencia ao cuarto presidente dos Estados Unidos e principal autor da constitución do país, James Madison. Foi aberto ao público en 1847.[1]
Madison Square | |
---|---|
![]() |
Para o pavillón multiúsos véxase: Madison Square Garden.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/9/94/Flatiron_Building_over_Madison_Square_Park.jpg/220px-Flatiron_Building_over_Madison_Square_Park.jpg)
O seu principal atractivo é o Madison Square Park, un parque público de 2,5 hectáreas, flanqueado ao leste pola Avenida Madison, ao sur pola rúa 23, ao norte pola rúa 26 e ao oeste pola Quinta Avenida e Broadway na súa intersección.
Entre os edificios destacados situados en Madison Square atópanse o edificio Flatiron, o edificio New York Life Insurance, a División de Apelación do Palacio de Xustiza do Estado de Nova York e a Metropolitan Life Tower.
Notas
editar- ↑ "Park history". Madison Square Park Conservancy (en inglés).
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Madison Square |