macOS Sierra
macOS Sierra (versión 10.12) é a décimo terceira versión de macOS, o sistema operativo de Apple Inc. para os seus ordenadores de escritorio, portátiles e servidores Macintosh. É a primeira versión do sistema operativo tras o cambio de denominación de "OS X" a "macOS".
MacOS Sierra | |
---|---|
![]() | |
Desenvolvedor | Apple Inc. |
Familia de S.O. | macOS |
Lanzamento | 20 de setembro de 2016 |
En galego | ![]() |
Licenza | APSL |
Última versión estable | macOS Sierra v10.12 (16A323) 20 de setembro de 2016 |
Precedido por | OS X El Capitan |
Sitio web | Web oficial |
Foi anunciada o 13 de xuño de 2016 durante a WWDC dese ano xunto coas novas versións dos outros sistemas operativos dos produtos de Apple (iOS 10 para iPhone e iPad, watchOS 3 para Apple Watch e tvOS 10 para Apple TV). Foi lanzada oficialmente o 20 de setembro de 2016.
Características
editarOs principais cambios na versión 10.12 foron os seguintes:[1]
Deseño
editarA interface do sistema é practicamente idéntica á da versión anterior OS X El Capitan.
Inicio de sesión
editarO ordenador pódese desbloquear automaticamente cando o usuario está preto do mesmo e leve consigo un Apple Watch.
Portapapeis universal
editarDesde esta versión existe un portapapeis único para todos os dispositivos de Apple que dispoña o usuario. A través da ferramenta que a compañía denominou Continuity, é posible copiar un texto no iPhone e pegalo nun documento no Mac, ou viceversa.
iCloud
editarA nova funcionalidade que Apple engadiu a iCloud foi a de optimizar o almacenamento do Mac. O servizo garda as versións antigas dos documentos, versións orixinais de imaxes e automatiza os procesos de eliminación da caché no navegador Safari, co obxectivo de liberar espazo no disco duro.
Apple Pay
editarO servizo de pago móbil permitiu desde esta versión facer pagamentos a terceiros a través da web no Mac, utilizando como medio de autorización do pago o Touch ID do iPhone.
Picture in Picture
editarTras a súa inclusión nos iPad con iOS 9, está función chegou aos Mac. Durante a reprodución dun vídeo, se se preme o botón que o habilita, sepárase o vídeo da ventá na que se está reproducindo e créase unha ventá independente e flotante, que ademais se pode recolocar e redimensionar. Dita función tamén se pode utilizar cando o modo pantalla completa está activado.
Pestanas
editarCon esta versión o sistema de pestanas presente no navegador Safari esténdese ao resto de aplicacións, xa sexan nativas ou de terceiros, automaticamente. Desde agora, cando o usuario abre dúas ou máis ventás dunha mesma aplicación, en lugar de aparecer como ventás independentes, organízanse en pestanas.
Siri
editarCon macOS Sierra o asistente virtual Siri chegou á única plataforma de Apple que lle faltaba. Para invocala existen, por unha parte un acceso no dock, e por outro, un na barra de menú superior á dereita da pantalla. Ademais de desfrutar das mesmas funcións que en iOS, con macOS, engádeselle a posibilidade de buscar ficheiros a través do Finder. O usuario pode interactuar cos resultados, podendo engadilos ao centro de notificacións en forma de Widget ou arrastrar nun documento as imaxes devoltas como resultado. Tamén se integrou con iTunes.
Notas
editar- ↑ "macOS Sierra, resumen de sus principales novedades". Apple5x1. 13 de xuño de 2016. Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2016. Consultado o 21 de outubro de 2016. (en castelán)