Músculo pronador redondo
O músculo pronador redondo é un músculo do membro superior humano situado na rexión anterior do antebrazo.
Músculo pronador redondo | |
---|---|
Vista anterior do antebrazo esquerdo. Pronador redondo en azul. | |
Latín | musculus pronator teres |
Orixe | Cabeza do úmero: epicóndilo medial e crista supracondílea
Cabeza do cúbito: zona medial da apófise coronoide |
Inserción | Metade da cara lateral do radio |
Vascularización | Arteria ulnar e arteria radial |
Innervación | Nervio mediano |
Accións | Pronación do antebrazo e flexión do cóbado |
Antagonista | Músculo supinador |
Orixe e insercións
editarA súa orixe áchase no epicóndilo medial do úmero e na crista supracondílea do mesmo óso. Algunhas febras parten do bordo medial da apófise coronoide do cúbito. A inserción caudal localízase na superficie lateral da diáfise radial.
Función
editarA principal función do pronador redondo é a pronación do antebrazo, xirando a man cara a atrás, aínda que tamén realiza unha pequena flexión do cóbado ou axuda a flexionalo cando exista unha forte resistencia.
Innervación
editarÉ innervado polo nervio mediano.
Vascularización
editarRecibe pólas da arteria radial e da arteria cubital.
Imaxes adicionais
editar-
Músculo pronador redondo destacado en vermello
-
Corte transversal do antebrazo
-
Corte transversal a través dos extremos distais do radio e do cúbito
-
Disección músculos superficiais do brazo