Músculo extensor radial curto do carpo
O músculo extensor radial curto do carpo ou segundo radial externo é un músculo do membro superior humano pertencente ao compartimento posterior do antebrazo. Vai dende o úmero ata o segundo e terceiro metacarpiano.
Orixe e insercións
editarO músculo orixínase no epicóndilo lateral do úmero. Insírese na superficie dorsal da base do segundo e terceiro metacarpiano. Durante o seu percorrido adoita situarse por debaixo do extensor radial longo do carpo.
Función
editarEstende e abduce o pulso.
Innervación
editarEstá innervado pola póla fonda do nervio radial.
Vascularización
editarEstá vascularizado pola arteria radial