Músculo elevador da escápula
O músculo elevador da escápula[1] ou angular da omoplata é un músculo do membro superior humano, pertencente á rexión do ombreiro. Orixínase nas apófises transversas das vértebras cervicais primeira e segunda e nos tubérculos posteriores das apófises transversas das vértebras C3 e C4.
Músculo elevador da escápula | |
---|---|
Músculos que unen a extremidade superior á columna vertebral. O elevador da escápula é visíbel na parte superior dereita, no colo. | |
Músculos do pescozo. O elevador da escápula é visíbel no centro, na esquerda. | |
Latín | Musculus levator scapulae |
Gray's | subject #121 435 |
Orixe | Apófises transversas de C1-C4 |
Inserción | Ángulo superior da escápula |
Vascularización | C |
Innervación | C3-C4 e nervio dorsal da escápula (C5) |
Accións | Eleva a escápula e inclina a cavidade glenoide inferiormente |
Insírese na superficie posterior do bordo medial da escápula, dende o ángulo superior ata a espiña da escápula.
Función
editarO elevador da escápula eleva a este mesmo óso. Non ten outras funcións de interese.
Innervación
editarO músculo está innervado polo nervio dorsal da escápula e polos nervios espiñais de C3 e C4 directamente.
Imaxes
editar-
Posición do músculo elevador da escápula. Animación.
-
Escápula esquerda. Superficie dorsal.
-
Sección do colo a nivel da cervical C6.
-
Músculos do colo. Vista lateral.
-
Nervio hipogloso, plexo cervical e as súas ramas.
-
O plexo braquial dereito coas súas ramas curtas (vista anterior).
-
Músculo angular da omoplata (levator scapulae).
-
Plexo braquial. Dissección profunda (vista anterolateral).
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior (en castelán).
Notas
editar- ↑ "Vocabulario de medicina: (galego-español-inglés-portugués)" (PDF). Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 12 de setembro de 2016.