Músculo bíceps da coxa
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Bíceps (homónimos).
O bíceps crural ou femoral [1] é un músculo do membro inferior humano. Insírese superiormente no coxal, pasa pola coxa e chega á perna. O seu nome débese a que está formado por dúas porcións, unha longa e unha curta.
Músculo bíceps femoral | |
---|---|
Orixe | Tuberosidade isquiática, liña áspera do fémur |
Inserción | Extremo superior do peroné |
Vascularización | arteria femoral fonda |
Innervación | nervio ciático maior |
Accións | Extensión da cadeira, flexión e rotación do xeonllo |
Insercións superiores
editar- Da porción longa: insírese no bordo inferior da pube.
- Da porción curta: insírese no intersticio entre os dous beizos do bordo posterior da diáfise femoral.
Insercións inferiores
editarAs dúas porcións únense na metade inferior da diáfise femoral nun único tendón, que se insire na epífise proximal do peroné.
Innervación e vascularización
editar- Innervación: é innervado polo nervio ciático maior.
- Vascularización: é innervado pola arteria femoral fonda.
Relacións importantes
editar- Artigo principal: Oco poplíteo.
- Forma parte do límite superior do oco poplíteo.
Funcións
editar- Artigo principal: Articulación coxo-femoral.
- Na articulación coxo-femoral: é un extensor desta articulación.
- Artigo principal: Xeonllo.
- No xeonllo: é un flexor da perna sobre a coxa, e tamén un rotador externo desta articulación.
Notas
editar- ↑ "bUSCatermos". aplicacions.usc.es. Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2022. Consultado o 2022-05-21.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Músculo bíceps da coxa |