Métrica (poesía)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Na poesía tradicional, a forma ten tanta importancia como o contido. Deste modo, a lonxitude dos versos é un trazo relevante e importante da forma. A métrica é a técnica que nos permite medir os riscos formais nesa concepción poética tradicional.
Medida dos versos
editarA métrica proporciona un procedemento para medir os versos. Este proceso baséase no reconto das sílabas buscando certo ritmo, duración e sonoridade. De aí que se diferencien as sílabas métricas, que teñen en conta eses factores, e as sílabas gramaticais, que só consideran a forma obxectiva das sílabas.
Tomando como exemplo a cantiga popular de Taragoña, Rianxo, é unha copla que, polo tanto, está formada por catro versos octosílabos:
|
Trátase dunha copla. Polo tanto, está escrita para ser cantada. Para conseguir que se adapte a letra á música, non é suficiente con ler o texto. Resultaría un reconto das sílabas gramaticais que non se axustaría aos tempos musicais:
- Primeiro verso: 8 (Non-me-lem-bres-Ta-ra-go-ña)
- Segundo verso: 7 (Te-rra-on-de-eu-na-cín,)
- Terceiro verso: 9 (Lém-bra-me-a-fon-te-do-Gro-lo)
- Cuarto verso: 8 (Au-ga-que-eu-de-la-be-bín.)
Obsérvese que o segundo e terceiro versos non dan oito sílabas. Pero se se escoita cantar esta estrofa, observarase que se axusta perfectamente á música. Isto débese ás posibilidades fonéticas que ofrece o galego. Por exemplo, o segundo verso pode prorrogarse sen dificultade na última sílaba debido a que é unha palabra aguda. Ten o acento na última sílaba. De igual modo, no terceiro verso, pódese xuntar facilmente lémbrame e a, de forma que se lería así: Lém-bra-ma-fon-te-do-Gro-lo. Deste xeito, pronúnciase en oito impulsos ou sílabas métricas.
Por tanto, a métrica non é un reconto mecánico senón un xeito de lectura que adapta a forma ás necesidades estéticas e sonoras do poema.
Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |