Luis Santiso Diz
avogado e político galego
Luis Antonio Santiso Diz, nado no Seilán (Sanamede do Monte, A Baña) o 13 de xuño de 1850 e finado en Cores o 2 de novembro de 1934,[1] foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de xuño de 1850 ![]() O Seilán, España ![]() |
Morte | 2 de novembro de 1934 ![]() Cores, España ![]() |
![]() | |
1913 – 1917 ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político ![]() |
Traxectoria
editarAvogado. Casou con María del Carmen García Gundín, que herdara da súa tía María Josefa Bermúdez de Leis o pazo de Cores. Foi xuíz municipal da Baña, alcalde da Baña na Restauración, deputado provincial en 1883 polo distrito de Negreira e decano dos avogados do partido xudicial de Negreira.
Predecesor: ? |
Alcalde da Baña 1913-1917 |
Sucesor: ? |
Vida persoal
editarCon María del Carmen García Gundín, dona do Pazo de Cores, foi pai de Josefina, Elisa (que casou con José Reino Caamaño), Amalia, Filomena e Carmen Santiso García (que casou con José María Suárez Vence).
Notas
editar- ↑ El Eco de Santiago, 2-11-1934, p. 3.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Pose Antelo, José Manuel (1988). "A Barcala no primeiro terzo do século XX (un achegamento á súa demografía e economía)". Entre nós. Estudios de Arte, Xeografía e Historia en homenaxe ó profesor Xosé Manuel Pose Antelo. Santiago de Compostela: Universidade. p. 1317. ISBN 84-8121-969-X.