Luis Escurís Batalla
Luís Escurís Batalla S.L. fundada en 1996 na Pobra do Caramiñal (Ría de Arousa) é unha empresa dedicada á fabricación, comercialización e distribución de conservas de pescado e marisco no sector da alimentación e da hostalería.
Luis Escurís Batalla | |
---|---|
Tipo | Sociedade Limitada |
Fundación | 1996 |
Localización | Polígono industrial da Tomada (A Pobra do Caramiñal) |
Fundador | Luis Escurís Batalla |
Persoas clave | Luis Escurís Batalla |
Industria | Conserveira |
Na rede | |
https://www.escuris.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A empresa leva a cabo un proceso de transformación manual e artesán co obxectivo de conseguir un produto de primeira calidade empregando unha materia prima inmellorable das rías galegas.
Distribución
editarA compañía cobre todo o territorio nacional a través dunha estrutura de vendas propia en Galicia e traballa con axentes e mediadores que lle permiten distribuír o seu produto no resto de España, así como en Suíza, Alemaña, Reino Unido, Italia, Xapón e Portugal. Ademais dispón dunha páxina web dende a que os consumidores poden adquirir unha ampla gama de produtos.
Luís Escurís Batalla participa na marca Galicia Calidade promovida pola Xunta de Galicia co fin acreditar a súa calidade e dala a coñecer fóra da Comunidade.
Produtos
editarA empresa comercializa dous tipos de produtos: "Lo bueno" e "Fuera de serie".
Baixo a gama "Lo bueno" enlatan:
- agulla en aceite de oliva
- ameixas ó natural
- anchoas en aceite de oliva
- atún en aceite de oliva
- bonito en aceite de oliva
- berberechos ó natural e ó allo
- xarda en filetes de aceite de oliva
- caviar de ourizos
- gulas ó allo
- xureliños en aceite de oliva
- mexillóns en escabeche, en salsa de vieira e picantes
- navallas ó natural e en aceite de oliva
- polbo en aceite de oliva e ó allo
- sardiñas en aceite de oliva e limón
- ventresca en aceite de oliva
- zamburiñas en salsa de vieira e ó natural
Os produtos pertencentes á gama "fuera de serie" son considerados para paladares máis exquisitos:
- berberechos
- luras
- mexillóns
- sardiñas
- polbo
- ventresca
- zamburiñas
Competidores
editarEsta empresa, ó ser unha das máis grandes conserveiras galegas, ten como principais competidores o Grupo Calvo, Escuris SL, Jealsa-Rianxeira e Conserveira de Rianxo SA.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- luisescuris.com (en castelán).