Luis Canalejas
Luis Canalejas Méndez, nado en Madrid o 8 de marzo de 1862 e finado na mesma cidade o 26 de outubro de 1910, foi un enxeñeiro e político español. Era fillo do filósofo José Canalejas Casas e irmán do político e presidente de goberno José Canalejas Méndez.
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (es) Luis Canalejas Méndez ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 8 de marzo de 1862 ![]() Madrid, España ![]() |
Morte | 26 de outubro de 1910 ![]() Madrid, España ![]() |
![]() | |
setembro de 1910 – 1910 ← Federico Requejo Avedillo – Juan Fernández Latorre → | |
![]() | |
![]() | |
![]() | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid ![]() |
Ocupación | político, enxeñeiro de camiños ![]() |
Partido político | Partido Liberal Fusionista ![]() |
Familia | |
Pai | José Canalejas Casas ![]() |
Irmáns | José Canalejas Méndez ![]() |
Parentes | Francisco de Paula Canalejas y Casas, tío paterno ![]() |
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Canalejas y Méndez (Luis), p.67) ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarCarreira profesional
editarEra Enxeñeiro de camiños, canles e portos (1889). En 1891, foi o enxeñeiro responsable da construción da liña de ferrocarril de Peñarroya a Fuente del Arco, onde o seu pai e o irmán formaban parte da dirección da compañía.[1] A partir de 1903, foi presidente da Sociedad Madrileña para el Alumbrado de Gas.[2] Tiña unha libraría na rúa Sevilla de Madrid e administraba os bens da familia.
Carreira política
editarFoi membro do Partido Liberal, e nas eleccións xerais de 1896, foi elixido deputado polo distrito de Puerto Príncipe (Cuba).[3] A seguir, nas eleccións de 1898, 1901, 1903 e 1905 tamén saíu elixido pero por Vilademuls (Xirona).[4] En 1905, foi nomeado senador vitalicio.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Varela Ortega, José (dir.), ed. (2001). El poder de la influencia: geografía del caciquismo en España (1875-1923). Colección: Historia (en castelán). Madrid: Marcial Pons / Centro de Estudios Políticos y Constitucionales. ISBN 9788425911521.
- Ballestero, Alfonso (2017). El gas natural en España (en castelán). Madrid: LID Editorial Empresarial, S.L. ISBN 9788416894611.
- López Morell, Miguel Angel (2005). La Casa Rothschild en España: (1812-1941). Colección: Historia (en castelán). Madrid: Editorial Marcial Pons.