Lucrecia Pérez Matos, nada en Vicente Noble, Barahona, na República Dominicana o 15 de decembro de 1959, e finada en Madrid o 13 de novembro de 1992, foi unha traballadora doméstica inmigrante dominicana asasinada en Madrid por un grupo neonazi.[1] O seu asasinato foi o primeiro recoñecido xudicialmente como motivado por racismo e xenofobia en España.[2]

Modelo:BiografíaLucrecia Pérez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de decembro de 1959 Editar o valor en Wikidata
Vicente Noble, República Dominicana Editar o valor en Wikidata
Morte13 de novembro de 1992 Editar o valor en Wikidata (32 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntraballadora doméstica Editar o valor en Wikidata

BNE: XX5640255

Asasinato

editar

Os feitos ocorreron sobre as nove da noite do venres 13 de novembro, cando catro encarapuchados vestidos con roupa negra entraron na antiga discoteca Four Roses, un local que noutros tempos fora centro de diversión de mozas de clase acomodada, situado na estrada da Coruña, no distrito de Aravaca. Os asaltantes dispararon indiscriminadamente contra os dominicanos que ceaban unha sopa á luz dunha candea e fuxiron nun coche que os agardaba. Lucrecia Pérez Matos, de 33 anos, que chegou a España un mes e tres días antes, recibiu dous tiros, un deles no corazón e ingresou morta no hospital. O outro ferido grave foi Augusto César Vargas, tamén dominicano.

Foi unha bala de 9 mm Parabellum, fabricada en España por Santa Bárbara (hoxe parte de General Dynamics), de uso policial e militar, a que acabou coa vida de Lucrecia.

A Garda Civil e o delegado do goberno de Madrid atribuíron dende o primeiro momento a autoría do crime a grupos de extrema dereita, ligados a algúns elementos policiais, dados a arma e a munición empregadas.

Detencións e xuízos

editar

O xoves 27 de novembro de 1992, ás 19:30 era arrestado o garda civil Luis Merino Pérez de 25 anos, mentres prestaba servizo na 111 Comandancia da Garda Civil, con base en Madrid. O venres 28 ás 7:45; 8:40 e 10:45 arrestouse a tres menores: Javier Quílez Martínez, Felipe Carlos Martín Bravo e Víctor Flores Revello, de 16 anos, acompañantes do autor material. Todos confesaron os feitos que se lles imputaban no asasinato do venres 13 de novembro en Aravaca. A proba segura foi a arma empregada, unha pistola STAR BMK; Merino cambiou o canón da súa arma regulamentaria pola doutro compañeiro, para “borrar os sinais do crime”, pero a profesionalidade do seu propio Corpo da Garda Civil, ordenou unha inspección “rutineira” de todas as armas da Compañía e había “un sinal” que Merino non puidera borrar, a unlla extractora, peza que expulsa o casquillo e que deixa unha fenda microscópica, a clave que utilizaron os especialistas en balística.

A condena quedou en 54 anos de cárcere para o garda civil Luis Merino (30 polo delito de asasinato de Lucrecia Pérez e 24 polo de asasinato frustrado do seu compatriota Augusto César Vargas, así como a inhabilitación absoluta durante o tempo da pena) e en 24 anos de reclusión os menores Felipe Carlos Martín Bravo, Víctor Julián Flores e Javier Quílez Martínez (15 anos polo delito de asasinato e nove polo de asasinato frustrado, ao apreciarse o atenuante de «idade xuvenil»).[3]

A madrugada do 14 de xaneiro de 2001, a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Madrid acordou a liberdade dos tres mozos condenados polo asasinato, que até o venres 12 de xaneiro se atopaban en réxime de terceiro grao penitenciario, ao ter cumprido máis dos oito anos de internamento que estabelece a Lei de Responsabilidade Penal do Menor, acabada de entrar en vigor, en caso de asasinato.[4]

Repercusión social

editar

A Asemblea de Madrid aprobou por unanimidade (PSOE, PP, EU) a “condena do execrable acto criminal de Aravaca” e expresou “a súa dor solidaria coas inocentes vítimas, os seus compatriotas e familiares”. O vicepresidente do Goberno e o ministro de Xustiza manifestaron “a vontade decidida do Goberno de loitar contra calquera abrocho de racismo ou xenofobia. Este é un dos feitos máis graves que ocorreron en España”.

O grupo español Ska-P editou unha canción dedicada a Lucrecia e en contra do racismo no álbum Planeta Eskoria. En 2024 estreouse a serie documental Lucrecia, un crime de odio.[5]

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar