Lucio Sestio Quirinalo Albaniano

Lucio Sestio Quirinalo Albaniano (en latín, Lucius Sestius Quirinalis Albinianus) foi un senador, proquaestor de Marco Xunio Bruto e cónsul sufecto en 23 a. C.

Modelo:BiografíaLucio Sestio Quirinalo Albaniano

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento73 a. C. Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Maxistrado monetario
43 a. C. – 42 a. C.
Cónsul romano
Senador romano
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, militar Editar o valor en Wikidata
Período de tempoAlto Imperio Romano e República Romana Tardía Editar o valor en Wikidata
Período de actividade(Con vida en: século I a. C. Editar o valor en Wikidata)
Familia
PaiPublius Sestius Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteReal'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru
Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft, (sec:Sestius 3) Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Orixes familiares

editar

Albiniano proviña dunha familia plebea e era un dos fillos de Publio Sestio, quen foi gobernador de Cilicia de 48 a 47 a. C. e que destacou pola súa defensa de Cicerón. Durante unhas escavacións da vila de Settefinestre, que pertencía aos pais de Albaniano, encontráronse uns ceramios estampados coas letras LS, atribuídos ás súas iniciais.[1]

Albiniano foi amigo de Horacio e foi obxecto dunha das súas odas.

Carreira política

editar

Fontes literarias acredítanlle a dedicación de tres arae (altares) ao culto imperial no noroeste da Hispania nalgún momento en torno ao 19 a. C.,[2] as chamadas aras sestianas.

No ano 44 a. C., foi seguidor do asasino de César, Marco Xunio Bruto. En 42 a. C. foi procuestor de Bruto en Macedonia. Octaviano perdoou a Sestio tras a morte de Bruto. En 23 a. C. foi elixido cónsul sufecto e entre 22 e 19 a. C. foi legado da efémera provincia de Transduriana no noroeste da Hispania.

  1. Carandini, A et al. (1985). Settefinestre. Una villa schiavistica nell'Etruria Romana. Módena: Edizioni Panini, 3 vol.
  2. Plinio o Vello, Nat. Hist., 4.111: véxase tamén Tolomeo, Xeog., 2.6.3; Pomponio Mela, 3.13.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar