Luciano García Ventín
Luciano García Ventín, nado en Fondós (Quireza, Concello de Cotobade) o 20 de febreiro de 1892 e finado na mesma parroquia en 1960, foi un carpinteiro, ebanista e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de febreiro de 1892 ![]() Fondós, España ![]() |
Morte | 1964 ![]() Quireza, España ![]() |
Alcalde de Cerdedo | |
1936 – 1936 ← Antonio Sueiro Cadavid ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | ebanista, político ![]() |
Partido político | Izquierda Republicana Partido Socialista Obrero Español ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarEmigrado no Brasil, retornou a finais dos anos vinte. Fundador da Sociedad de Agricultores y Obreros La Alianza de Quireza e dirixente até 1933 da Federación de Agricultores y Obreros del Ayuntamiento de Cerdedo. Foi elixido concelleiro de Cerdedo nas eleccións de maio de 1931 polo Centro Republicano Radical Socialista e foi primeiro tenente-alcalde.[1] En febreiro de 1935 foi elixido primeiro vogal do Comité de Izquierda Republicana de Cerdedo presidido por Sabino Bugallo Valiñas.[2] Pasou despois a militar no PSOE. Foi alcalde do Concello de Cerdedo en 1936.
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo fuxido. Capturado pola Garda Civil o 4 de febreiro de 1937, foi trasladado á prisión provincial de Pontevedra o o 12 de febreiro. Foi xulgado en Pontevedra por rebelión militar, estivo varios meses en prisión e sufriu extorsión. Foi novamente detido en marzo de 1943, logo de que a Garda Civil atopase nun rexistro na súa casa unha pistola e libros de actas da sociedade La Alianza de Cerdedo.[3] Finou en Quireza en 1964.[4]
Predecesor: Antonio Sueiro Cadavid |
Alcalde de Cerdedo 1936 |
Sucesor: Gerardo Lorenzo González |
Notas
editar- ↑ El Pueblo Gallego, 12-6-1931, p. 9.
- ↑ El País, 20-2-1935, p. 3.
- ↑ El Pueblo Gallego, 27-3-1943, p. 5.
- ↑ Canteiros e artistas de Terra de Montes e das Ribeiras do Lérez
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Pereira, Dionisio (2006). A II República e a represión franquista no concello de Cerdedo (PDF). Cerdedo: Asociación Verbo Xido. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24/12/2018. Consultado o 27/12/2019.