Luís Sánchez Artús
fotógrafo galego
Luís Daniel Sánchez Arthous (Artús), coñecido como Artús ou Arthous, nado na Coruña o 23 de xaneiro de 1891 e finado na mesma cidade o 16 de decembro de 1964, foi un fotógrafo galego.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de xaneiro de 1891 ![]() A Coruña, España ![]() |
Morte | 16 de decembro de 1964 ![]() A Coruña, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | fotógrafo ![]() |
Traxectoria
editarEmigrou a Cuba, onde aprendeu fotografía. Retornado á Coruña colaborou con varios periódicos e revistas e foi redactor gráfico de La Voz de Galicia, onde se xubilou en 1961.[1][2] Finou na Coruña o 16 de decembro de 1964.[3]
Vida persoal
editarCasou con Irene Velasco Baamonde e foi pai de Luís, Irene, Carmen, María, Aurelia e Carlos Sánchez Velasco.
Notas
editar- ↑ La Voz de Galicia, 17-12-1964, p. 8.
- ↑ "Los periodistas de La Coruña han rendido un cordial homenaje a su veterano compañero don Luis Sánchez Artús, que se ha jubilado como redactor gráfico de La Voz de Galicia". Destino (1233). 25 de marzo de 1961. p. 7.
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 17-12-1964, p. 6.