Luís Gómez Pacios
Luís Gómez Pacios, nado en Lugo en 1925 e finado en 1983, foi un pintor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1925 Lugo |
Morte | 1983 (57/58 anos) |
Actividade | |
Ocupación | pintor |
Traxectoria
editarFormouse en debuxo técnico, comezando a traballar como debuxante para o Servizo Topográfico de España. En 1956 entrou a traballar no Museo Provincial de Lugo realizando a catalogación de pezas en fichas, mediante a realización de debuxos esquemáticos. Comezou a traballar tamén como profesor de debuxo no Colexio Fingoi de Lugo e na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos da mesma cidade.
Como pintor entrou a formar parte en 1962 do grupo Seis Urogallos, creado xunto a Jesús Blas Lourés, Manuel Cancio Varela, Tino Prados López, Xosé López Guntín e Antonio Estrada, coa intención de achegar a arte ao pobo. Relizaban os seus traballos nun local da praza de Santo Domingo cedido polo gobernador civil da provincia, Luis Azcárraga y Bustamante, e expuñan no Portón do Recanto, e tralo peche deste local, no restaurante Ferreirós.
A súa obra consolidouse, e a partir de 1969 aprézase un cambio conceptual, aparecendo temas relacionados coa psicoloxía e coas lendas e tradicións galegas.
Recibe varios premios ao longo da súa carreira.