Love Buzz
"Love Buzz" | ||
---|---|---|
canción de Shocking Blue | ||
do álbum At Home | ||
Lanzamento | 1969 | |
Formato | {{{formato}}} | |
Gravada | ||
Xénero musical | rock psicodélico | |
Lingua(s) | {{{lingua}}} | |
Duración | 3:40 | |
Discográfica | Pink Elephant | |
Produtor(es) | ||
Escritor(es) | Robbie van Leeuwen | |
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
"Love Buzz" é unha canción escrita por Robbie van Leeuwen, da banda neerlandesa de rock Shocking Blue, editada orixinalmente como parte do álbum da banda At Home en 1989.
Versións
editarA banda estadounidense de grunge Nirvana gravou unha versión do tema para o seu álbum de estrea Bleach, e esta sería tamén o seu primeiro sinxelo, editado en novembro de 1988 a través do selo Sub Pop. Sería tamén o primeiro sinxelo lanzado polo club Sub Pop Single of the Month. A versión que aparecía no álbum tiña unha mestura distinta á do sinxelo, ao igual que a súa cara-b, "Big Cheese". A versión de Bleach perde o collage de sons de 10 segundos ao inicio do tema elaborado por Kurt Cobain. "Love Buzz" foi posteriormente editado no EP Blew.
O tema tamén foi versionado por Hatcham Social no seu EP Party, lanzado no ano 2008, e unha remestura de "Love Buzz" foi editada a través de Saint Thomas Records no 2009 pola banda psicodélica de Dallas Lithium X-Mas como sinxelo.
"Love Buzz" | |||||
---|---|---|---|---|---|
sinxelo de Nirvana | |||||
do álbum Bleach | |||||
Lanzamento | novembro de 1988 | ||||
Formato | {{{formato}}} | ||||
Gravada | xuño - setembro de 1988 | ||||
Xénero musical | grunge, noise rock | ||||
Lingua(s) | {{{lingua}}} | ||||
Duración | 3:35 | ||||
Discográfica | Sub Pop Records | ||||
Produtor(es) | Jack Endino | ||||
Escritor(es) | Robbie van Leeuwen | ||||
Cronoloxía | |||||
| |||||
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
A versión orixinal de Shocking Blue foi sampleada para a canción "Phoenix" de The Prodigy, incluída no seu álbum do ano 2004 Always Outnumbered, Never Outgunned.