Louis J. Mordell
Louis Joel Mordell, nado en Filadelfia o 28 de xaneiro de 1888 e finado en Cambridge o 12 de marzo de 1972, foi un matemático británico de orixe estadounidense, coñecido pola investigación pioneira na Teoría de números.
Traxectoria
editarNaceu nunha familia Xudea de extracción Lituana.[2] Educouse na Universidade de Cambridge, onde completou os Cambridge Mathematical Tripos como estudante do St John's College, Cambridge, a partir de 1906. Graduouse en 1909. Despois de graduarse Mordell comezou a investigación independente sobre certas ecuacións diofantianas: a cuestión dos puntos enteiros na curva cúbica, e o caso especial do que agora se chama ecuación de Thue, a ecuación de Mordell
No 1913 colocouse no Birkbeck College de Londres. Durante a primeira guerra mundial participou nos traballos relacionados coa guerra, mais tamén produciu un dos seus principais resultados, probando en 1917 a propiedade multiplicativa da función tau de Srinivasa Ramanujan. A proba foi por medio dos Operadores de hecke, que aínda non tiñan dito nome en honor a Erich Hecke; foi, en retrospectiva, un dos principais avances na teoría de formas modulares.
No 1920, ocupou un cargo de profesor na UMIST. Alí desenvolveu unha terceira área de interese dentro da teoría dos números, a xeometría dos números. O seu traballo básico sobre o teorema de Mordell é de 1921 a 1922, así como a formulación da conxectura de Mordell. Foi orador convidado do Congreso Internacional de Matemáticos (ICM) en 1928 en Boloña e en 1932 en Zürich e orador pleno do ICM en 1936 en Oslo.[3]
Tomou a cidadanía británica en 1929. En Manchester tamén configurou o departamento, ofrecendo postos a varios matemáticos destacados que foran forzados a abandonar os seus postos no continente europeo. Levou a Reinhold Baer, G. Billing, Paul Erdős, Chao Ko, Kurt Mahler e Beniamino Segre. Tamén recrutou a J. A. Todd, Patrick du Val, Harold Davenport e Laurence Chisholm Young.
En 1945, volveu a Cambridge como membro da Universidade de St. John's, cando foi elixido para a Cátedra Sadleirian, e converteuse en xefe de departamento. Retirouse oficialmente en 1953. O seu libro Diophantine Equations (1969) está baseado en conferencias, e dá unha idea do seu estilo discursivo. Mordell di que odiaba as tarefas administrativas.[4]
Notas
editar- ↑ Cassels, J. W. S. (1973). Louis Joel Mordell 1888-1972. Biographical Memoirs of Fellows of the Royal Society 19. pp. 493–520. doi:10.1098/rsbm.1973.0018.
- ↑ Biographies/Mordell.
- ↑ Mordell, L. J. (1937). Minkowski's theorems and hypotheses on linear forms 1. pp. 226–238.
- ↑ "history/Ledermann/Ch8".