Lorenzo Mattotti
Lorenzo Mattotti nado en Brescia, Lombardía, o 24 de xaneiro de 1954, é un debuxante de banda deseñada, artista gráfico e ilustrador italiano.[1] No ámbito da banda deseñada, Mattotti gañou un premio Eisner en 2003 polo seu "Doutor Jekyll e Mr. Hyde", mentres que as súas ilustracións foron publicadas en revistas como Cosmopolitan, Vogue, Newyorker, Le Monde ou Vanity Fair. Recibiu o Premio Inkpot, o Gran Premio da Bienal de Ilustración de Bratislava, o Premio Eisner e o Gran Guinigi.
![]() (2015) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de xaneiro de 1954 ![]() Brescia, Italia ![]() |
Actividade | |
Ocupación | artista de banda deseñada, ilustrador, director de cinema ![]() |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Arquivos biográficos da biblioteca e museo Billy Ireland Cartoon Obálky knih, ![]() ![]() |
Sitio web | mattotti.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarEstudou arquitectura cando era novo, pero non rematou o curso. Despois dunhas bandas tradicionais conseguiu o seu propio estilo. Il Signor Spartaco foi o seu primeiro cómic realizado dese xeito. A historia céntrase en torno aos soños dun pasaxeiro do tren, cunhas formas e cores novidosas, e coa completa ausencia de aventura.[2]
O seu debut como director foi nun segmento da antoloxía de terror animada Fear(s) of the Dark.[3] A súa primeira longametraxe é La famosa invasione degli orsi in Sicilia. A película é unha adaptación animada dun libro do mesmo título de Dino Buzzati.[4]
Estilo
editarMattotti inspírase principalmente en pintores, músicos, escritores e directores de cine. Para el, a relación entre texto e imaxe debería ser a mesma que con texto e música. Os dous deben enriquecerse.
Desde 1986, Mattotti consolidouse como mestre da cor. Porén, sorprendeu ao seu público con algunha obra en branco e negro, como unha novela autobiográfica en 1992 feita xunto coa súa ex-muller Lilia Ambrosi, na que utiliza debuxos a pluma.
No mesmo ano, en Caboto fixo un cómic que para conmemorar o 500 aniversario do descubrimento de América, conta as aventuras do explorador X. Caboto no Río da Prata, cun guión do arxentino Jorge Zentner. En Stigmates (1998) volveu ao branco e negro para narrar a tráxica vida dun borracho que esperta un día con estigmas, adaptada ao cine por Adán Aliaga en 2007.
Obra
editarBanda deseñada
editar- Il Signor Spartaco (1982)
- Incidenti (1984)
- Fuegos (1986)
- Labyrinthes (1988)
- Murmur (1989)
- Doctor Nefasto (1989, con Jerry Kramsky)
- Caboto (1992, con Jorge Zentner)
- L'Uomo alla Finestra (1992, con Lilia Ambrosi)
- L'Arbre du Penseur (1997)
- Stigmate (1998, con Claudio Piersanti)
- Dr Jekyll & Mr Hyde (2002, con Jerry Kramsky)
- El rumor de la escarcha (2003, con Jorge Zentner)
- Ghirlanda (2018, con Jerry Kramsky)
Portafolios-Libros
editar- Ligne Fragile (1999)
- Posters (2002)
- Angkor: Drawings Pastels Watercolors (2003)
- La Chambre (2004)
- Carnevale. Colori e movimenti (2007)
- Chambres/Rooms/Stanze (2010), #logosedizioni
- The Crow (2010), Alfabia, con Lou Reed
- Venezia. Scavando nell’acqua (2011), #logosedizioni
- Mattotti Works 1: Pastels (2012), #logosedizioni
- Oltremai (2013), #logosedizioni
- Mattotti Works 2: Fashion (2014), #logosedizioni
- Vietnam (2014), Louis Vuitton Travel Books
- Blind (2017), #logosedizioni (en colaboración con CBM Italia Onlus)
- Portadas para The New Yorker (2018), #logosedizioni
Longametraxe
editar- Fear (s) of the Dark segmento (2007)
- La famosa invasione degli orsi in Sicilia (2019) Francia
Notas
editar- ↑ Luque, Alejandro (2020-05-29). "Lorenzo Mattotti: «Italia es un país maravilloso lleno de locos»". M'Sur (en castelán). Consultado o 2023-08-08.
- ↑ "Il signor Spartaco: viaggio di un epicentrico - Letteratura". Rai Cultura (en italiano). Consultado o 2023-08-08.
- ↑ "descriptions". www.primalinea.com. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2009. Consultado o 08 de agosto de 2023.
- ↑ "The Bears' Famous Invasion of Sicily by Dino Buzzati". www.publishersweekly.com. Invalid date. Consultado o 2023-08-08.