Lola González
María Dolores González Lorenzo, coñecida tamén como María Gándara e Lola Gándara, nada en Celanova en 1942, é unha profesora e escritora galega de literatura infantil e xuvenil, directora de teatro, guionista de programas infantís de televisión e mestra de educación secundaria e bacharelato coa especialidades de Lingua castelá e literatura.[1]
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1942 ![]() Celanova, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritora, mestra ![]() |
Pseudónimo literario | María Gándara ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarDespois de rematar a carreira de Dereito, comezou a dedicarse á docencia decidindo estudar Filoloxía Hispánica. Foi profesora de Lingua Castelá e Literatura en varios centros de ensino secundario en Galicia, especialmente en Vigo e a súa área metropolitana. Comezou a súa carreira literaria escribindo primeiro en galego ata que en 1994 comezou a escribir tamén en castelán e traducir as súas obras a este idioma.[2]
Durante varios anos dirixiu unha compañía de teatro infantil e participou en varios proxectos dramáticos cos que obtivo diversos premios. Tamén exerceu coma guionista para programas de televisión e participou en diversas iniciativas teatrais. Boa parte da súa obra foi traducida ao catalán e ao éuscaro.
Características temáticas e de estilo
editarA súa narrativa para a xente nova caracterízase polo tema histórico,[3] especialmente situada na Antiga Roma (en Una aguja envenenada -durante o goberno de Tiberio-, A escura luz do Tíber -no reinado do emperador Nerón- e Guárdate de los Idus -nos últimos anos da República Romana), así como no século XVI inglés (en Los gavilanes rojos) e no século XVI español (en El robo de la perla). Todas elas son novelas que destacan a tensa atmosfera e o rigor histórico combinada con tramas que mestura a acción con ingredientes de suspense.[4]
Por outro lado, outras das súas obras destacan polo seu ton realista, como Brumas de octubre ou Alexandra. Ámbalas dúas teñen protagonistas mozos e retratan o ambiente escolar,[5] familiar e do grupo de iguais, que busca transmitir valores positivos nos lectores e lectoras adolescentes aos que vai dirixida esta novela.
Nun grupo moi desatacado da súa narrativa están os libros escritos en galego e dirixidos ao público máis infantil, que non foron traducidos ao español. Aí estarían Smerling: na tea de araña, Conxurados e Os mornias.
Apenas fixo unha incursión na narrativa para adultos coa novela histórica Magog (1997), ambientada no antigo Reino de Galicia, durante o século XII, e asinada co nome de María Gándara.
Obras
editarEn galego
editarLiteratura infantil e xuvenil
editar- Os Mornias (1993). Xerais. 104 páxs. Ilustracións de Magdalena Padial. ISBN 978-84-9782-228-2. Como Lola González.
- Conxurados (1993). SM, O Barco de Vapor. 125 páxs. ISBN 84-348-4676-4. Como Lola González.
- Alexandra (1999). Rodeira. 168 páxs. Como Lola Gándara, Tradución de Lola González Lorenzo. En castelán, Alegandra, Edebé, 2005.
- A escura luz do Tíber (2000). Edebé. 216 páxs. ISBN 978-8423675289. Como Lola Gándara.
- Smerling: na tea da araña (2013). Rodeira. 200 páxs. ISBN 978-8483493649. Como Lola Gándara.
Narrativa para adultos
editar- Magog (1997). Xerais. 214 páxs. ISBN 978-8483021903. Como María Gándara.
En castelán
editar- Brumas de octubre (1994). SM. 160 páxs. ISBN. Como Lola Gándara.
- Guárdate de los Idus (1995). SM. 168 páxs. ISBN 9788434847439. Como Lola González.
- Los gavilanes rojos (2000). SM. 178 páxs. ISBN 978-8434871144. Como Lola Gándara.
- El robo de la perla (2002). SM. ISBN 978-8434888685. Como Lola Gándara.
- Una aguja envenenada (2004). Alfaguara. 96 páxs. ISBN 9788420444567. Como Lola Gándara.
- 99 trucos de supervivencia en el cole (2014). Lola González e Manu Carbajo. Montena. 256 páxs. ISBN 9788490432891.
Premios e recoñecementos
editar- 1992: Premio Merlín de Literatura Infantil por Os Mornias.[6]
- 1993: Accésit do Premio O barco de Vapor pola novela Conxurados.
- 1993: Premio do Teatro Profesional Camiño de Santiago con Nocturno de dragón (en colaboración con Bruno Bernardo).
- 1994: Premio do Teatro Profesional Camiño de Santiago con Ultreias
- 1994: Premio Gran Angular pola novela Brumas de octubre.
- 1997: Premio García Barrios pola novela Magog.[7]
- 2000: Lista de honor del CCEI por Alexandra.
Notas
editar- ↑ "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2018. Consultado o 2020-07-24.
- ↑ "Lola Gándara". Literatura Infantil y Juvenil SM. Consultado o 2020-07-24.
- ↑ "Lola Gándara, la Historia en la Literatura Infantil y Juvenil > Poemas del Alma". www.poemas-del-alma.com. Consultado o 2019-11-03.
- ↑ "Novela histórica del siglo XXI". Título del sitio (en castelán). 2017-01-04. Consultado o 2019-11-03.
- ↑ "Educación integral hace jóvenes aptos para enfrentar el mundo actual". Entorno (Fundación Salvador del Mundo, Fusalmo) (55): 33–37. 2014-04-30. ISSN 2218-3345. doi:10.5377/entorno.v0i55.6283.
- ↑ "1986, o nacemento, fomentar a creación literaria para público infantil"
- ↑ "Palmarés. Premio de Novela Manuel García Barros" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2019. Consultado o 2019-11-03.