Lola Dopico

artista, profesora e investigadora galega

María Dolores Dopico Aneiros, nada no ano 1970 en Ferrol, é unha artista, profesora e investigadora galega.

Modelo:BiografíaLola Dopico

(2010) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1970 Editar o valor en Wikidata (54/55 anos)
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Concelleira
2007 – 2012
Circunscrición electoral: Pontevedra
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Salamanca
Facultade de Belas Artes de Pontevedra Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesora, investigadora, artista Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1635231 BUSC: dopico-lola-1970 Dialnet: 3101073

Traxectoria

editar

Lola Dopico naceu e criouse en Ferrol. Descubriu as belas artes cando cursaba bacharelato e trasladouse a Salamanca para estudar a carreira.​ Licenciouse pola Universidade de Salamanca na especialidade de deseño. Nesa cidade, entre outras actividades, fixo prácticas na Televisión de Salamanca, en temas de produción, asistente en montaxe de escenas e participou nun proxecto cultural co artista e profesor Pedro Garhel que foi clave na súa carreira, segundo as súas declaracións.[1]​ O proxecto chamábase Abierto 94​ e consistía nunha programación cultural arredor da performance coa participación de artistas nunha mesa redonda, contando con Pedro Garhel, Darío Corbeira, Isidoro Valcárcel e Marisa González​. Dopico coordinou toda a actividade e supuxo un aprendizaxe fundamental para poñer en marcha un proxecto na súa totalidade como fixera en Abierto 94.

Trasladouse a Pontevedra para facer o doctouramento e sendo estudante obtivo unha praza de profesora asociada no área audiovisual, na Falcultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, impartindo clases nas áreas de arte, deseño e tecnoloxía. En 1994, doutorouse en Belas Artes na Universidade de Vigo.[2][3]

Na súa tesis doutoral, Práctica artística en la era de internet. Net art en sus formas colectivas, investigou sobre as prácticas artísticas xurdidas e desenroladas desde a aparición da tecnoloxía da Internet, a identificación das súas formas propias e o potencial revulsivo do Net.art[4][5]

A súa carreira profesional está vinculada as novas tecnoloxías e o deseño​[3]e segundo ela comenta, «a tecnoloxía non vai substituír a creatividade, porque a tecnoloxía é froito da creatividade».[6]

En 2005 impulsou a creación do grupo de investigación de cultura dixital DX7​ desenvolvendo liñas de traballo onde converxen investigacións sobre arte e deseño. A ligazón común a compoñen as creacións feitas en Galicia durante os anos 80, centrándose nas disciplinas menos estudadas, como a videocreación, a ilustración ou a moda. En 2008 participou na International Conference of Design History and Design Studies en Osaka.[7]

Dirixe a escola de moda Esdemga (Estudos Superiores de Deseño Téxtil e Moda de Galicia) integrada na Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo.​ Dopico reivindicou desde o inicio da súa traxectoria a formación específica en deseño, tanto por ser unha demanda da sociedade como por ser un axente fundamental no desenrrolo económico de Galicia, onde o sector da moda é unha industria prioritaria.​[8][9] Desde a primeira promoción de Esdemga, cada ano ten lugar a celebración do desfile "Debut", no que o alumnado acabado de titular presentan as coleccións que desenvolveron como proxectos finais da súa etapa formativa.[10][11]

Participa con Esdemga en encontros internacionais como a Graduate Fashion Week de Londres, onde foi a única representación española en 2018,​ e no Aristocrazy Design Bootcamp, onde se reuniron algunhas das consideradas escolas de deseño mais importantes do mundo.[12]

En 2020, Esdemga recibiu o Premio Cidade de Pontevedra[8]recoñecéndose co galardón de carácter pionero, especializado, innovador e en constante desenrolo ao longo da súa traxectoria. Además, salientaron a Lola Dopico no seu papel de directora, por ser a cara máis visible da Escola e o seu labor no «necesario camiño da paridade de xénero nas institucións e na representación pública».[13]

Lola Dopico é comisaria de exposicións, entre outrasː Inventario de Melania Freire (2015-2016), Relatos privados y Espacio público, colectiva (2013-2014), Hacer. Diseñar. Pensar. Piezas, experimentos y caminos del diseño (2013-2014).[14]Tamén forma parte do Consello asesor do Museo de Pontevedra.[15]

Polo seu compromiso coa igualdad de xénero, participa en actividades e proxectos como a visibilización de mulleres científicas contemporáneas da Universidade de Vigo.[16]

Desde 2024 é membro da Fundación Academia de la Moda Española.[17]

Política

editar

Foi concelleira de Igualdade do concello de Pontevedra polo BNG, posto que ocupou entre 2007 e 2012 e que abandonou para centrarse no seu labor docente.[18]

  1. "RADIO.- A playlist de... Lola Dopico. Una mujer tejida junto a varios hombres". Pontevedra viva (en castelán). 2018-03-10. Consultado o 2024-11-22. 
  2. "Lola Dopico". Consultado o 1 de xuño de 2018. 
  3. 3,0 3,1 "Creadoras - Lola Dopico". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 1 de xuño de 2018. 
  4. "Resúmenes de tesis en idioma español". www.uoc.edu. Consultado o 2024-11-22. 
  5. Dopico Aneiros, Dolores (2004). "Práctica artística en la era de internet. Net art en sus formas colectivas" (en castelán). Universidade de Vigo. 
  6. "CREATIVIDAD Y TECNOLOGÍA" (en castelán). Consultado o 2024-11-22. 
  7. "Unha investigación realizada por tres profesoras de Esdemga será presentada nun congreso internacional en Osaka - Universidade de Vigo". www.uvigo.gal (en castelán). Consultado o 2024-11-22. 
  8. 8,0 8,1 ""É o premio de Pontevedra e Esdemga naceu moi pegada a esta cidade"". Faro de Vigo (en castelán). 2020-01-14. Consultado o 2024-11-22. 
  9. Pontevedra, Diario de (2019-06-17). ""Rexeitar Deseño e Creación en Belas Artes foi un erro histórico"". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2024-11-22. 
  10. "Catorce colecciones desfilarán en Debut el próximo 22 de noviembre". Pontevedra viva (en castelán). 2024-11-12. Consultado o 2024-11-22. 
  11. Pontevedra, Diario de (2024-11-12). "Debut, más que un desfile en Pontevedra: talleres, conferencias y exposición de las colecciones". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2024-11-22. 
  12. Pontevedra, Diario de (2018-05-15). "A Esdemga será a única representante española na Graduate Fashion Week de Londres". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2024-11-22. 
  13. Costas, Anxeles Pereira (2020-01-21). "Discurso dos Premios Cidade de Pontevedra 2019". Concello de Pontevedra. Consultado o 2024-11-22. 
  14. ARTEINFORMADO (20140603). "Lola Dopico Aneiros. Comisario". ARTEINFORMADO (en castelán). Consultado o 2024-11-22. 
  15. "Inicio - Museo de Pontevedra - Museo". Museo de Pontevedra. Consultado o 2024-11-22. 
  16. "«Quero ser investigadora», un proxecto para visibilizar científicas actuais". Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo - CIM - UVigo. 2020-03-11. Consultado o 2024-11-22. 
  17. "Lola Dopico, miembro de la nueva Fundación Academia de la Moda Española". La Voz de Galicia (en castelán). 2024-07-26. Consultado o 2024-11-22. 
  18. "La concejala del BNG Lola Dopico dejará el Concello para centrarse en su faceta docente". La Voz de Galicia. 11 de maio de 2012. Consultado o 1 de xuño de 2018. 

Véxase tamén

editar