Lois González López
Lois González López, nado en Madrid en 1866, foi un poeta en galego que Ricardo Carballo Calero encadra nos Epígonos[1].
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1866 Madrid, España |
Morte | século XX |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Traxectoria
editarA súa familia tiña casa en Pumarín (Montecubeiro, Castroverde). Viviu entre 1869 e 1878 en Montecubeiro e Neira de Rei. Trasladouse a Madrid e cambiou o segundo apelido de López a Cando, nome dunha casa grande de Vilar en Montecubeiro.
A máis coñecida das súas poesías é A víspera de San Xoán en Montecubeiro que foi premiada cun accésit nun certame celebrado en Lugo en 1891[2]. O poema representa con realismo ameno e ponderado un anaco da vida da aldea e ten o valor do directamente coñecido e exposto con simpatía e fluidez. [3].
Outras composicións súas son as tituladas A miña sorte, O bico, Parrafeo con San Pedro, publicadas na revista Galicia de Andrés Martínez Salazar.
Tanto a lingua usada como o ambiente campesiño representado están moi logrados nestes poemas.
Obra
editarAdemais dos poemas citados é autor dalgunhas obras en castelán escritas en colaboración con A. López Álvarez ou Perosterena.[4]:
Notas
editar- ↑ Carballo Calero, Ricardo (1975). Historia da literatura galega contemporánea. Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-227-7.
- ↑ Asociación de escritores y artistas de Lugo. Poesías originales de D. A. J. Pereira y D. L. González López que han alcanzado respectivamente el premio y accesit de honor en el certamen literario y artístico celebrado en Lugo el 6 de octubre de 1891. Imprenta de El Regional. 1891.
- ↑ Carballo Calero 1975, p. 491.
- ↑ Vilavedra, Dolores (Coord.) (1995). Diccionario da literatura galega I. Galaxia. p. 272. ISBN 84-8288-019-5.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Fernández del Riego, Francisco (1990). Diccionario de escritores en lingua galega. Sada: Ediciós do Castro. p. 539.