Lois Blanco

Presidente de La Voz de Galicia

Lois Blanco Penas, nado en Melide en 1968, é presidente de La Voz de Galicia desde outubro do 2024. Accede ó cargo tras o falecemento de Santiago Rey Fernández-Latorre[1], propietario de editor do xornal, que legou á Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre a propiedade da cabeceira[2] e do resto de empresas que conforman a Corporación Voz de Galicia, o primeiro grupo de comunicación da Comunidade. Lois Blanco é tamén presidente da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre —por designación expresa de Santiago Rey Fernández-Latorre nas súas disposicións testamentarias— e da Corporación Voz de Galicia.

Modelo:BiografíaLois Blanco
Biografía
Nacemento1968 Editar o valor en Wikidata (56/57 anos)
Melide, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónPresidente de La Voz de Galicia

Traxectoria

editar

Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid, desenvolveu toda a súa carreira profesional na Corporación Voz de Galicia. No ano 1990 comezou como redactor en prácticas na delegación de Santiago de La Voz de Galicia. Ao longo dos anos foise establecendo como un dos xornalistas de opinión máis importantes do seu xornal, ao tempo que avanzaba na estrutura empresarial do grupo de comunicación.

Compaxinou o exercicio do xornalismo con responsabilidades na organización da redacción. Foi cronista político, delegado da edición de Santiago, xefe de área da sección de Galicia e subdirector de edicións entre 2007 e 2010, data na que accede á dirección de Medios Dixitais de Galicia, que lanzou e emitiu en TDT durante varios anos a canle V Televisión. En xuño de 2011 foi nomeado director xeral da Corporación[3] e conselleiro de La Voz de Galicia con atribucións empresariais e editoriais. No 2024 accede á presidencia da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, da Corporación Voz de Galicia e de La Voz de Galicia[4].

  1. Press, Europa (2024-08-28). "Fallece Santiago Rey Fernández-Latorre, presidente y editor de 'La Voz de Galicia'". www.europapress.es. Consultado o 2024-10-25. 
  2. "La Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre hereda la Corporación Voz de Galicia". fundacionsantiagoreyfernandezlatorre.es (en castelán). Consultado o 2024-10-25. 
  3. "Lois Blanco, nuevo Director General de la Corporación Voz de Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). 2011-06-10. Consultado o 2024-10-25. 
  4. "Los órganos de administración de la Corporación Voz designan a Lois Blanco nuevo presidente". corporacionvoz.es (en castelán). Consultado o 2024-10-25.