Lobótidos
(Redirección desde «Lobotidae»)
Os Lobótidos (Lobotidae) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes. Distribúense por mares tropicais (India, Nova Guinea, Mediterráneo).
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/9/95/Tripletail_Lobotes_surinamensis.jpg/300px-Tripletail_Lobotes_surinamensis.jpg)
Características
editarPoden alcanzar unha lonxitude máxima de 1 m, cunha cabeza triangular. O trazo característico é a aleta caudal redondeada e a dorsal e anal tamén redondeadas na parte posterior, o que dá unha imaxe de ter unha cola tripla. O nome vén do grego lobos, "lobo da orella", polo aspecto lobulado da parte posterior.
Aleta dorsal cunha primeira parte con 11-12 espiñas e unha segunda con 14-16 radios brandos; anal con 3 espiñas e 11 radios brandos; pectorais pequenas; pelvianas cunha espiña, anterior e ben aparente.
Clasificación
editarSó contén un xénero, con dúas especies:
- Lobotes pacificus (Gilbert en Jordan e Evermann, 1898)
- Lobotes surinamensis (Bloch, 1790)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Lobótidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Lobótidos |