Ljubiša Broćić
futbolista serbio
Ljubiša Broćić (en serbio: Љубиша Броћић), nado en Belgrado o 3 de outubro de 1911 e finado na mesma cidade o 16 de agosto de 1995, foi un adestrador de fútbol iugoslavo.
![]() ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nome orixinal | (sr-cyrl) Љубиша Бpoћић (sr-latn) Ljubiša Broćić ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 3 de outubro de 1911 ![]() Belgrado, Serbia ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 16 de agosto de 1995 ![]() Belgrado, Serbia ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarAdestrou a varios dos principais equipos europeos, como o PSV Eindhoven, a Juventus, o FC Barcelona ou o Estrela Vermella de Belgrado, gañando dúas veces a liga iugoslava e unha vez a Serie A italiana. Tamén dirixiu o Al-Nasr en Arabia Saudita, o OFK Beograd,[1] o Racing Beirut, así como as seleccións de Albania, Líbano,[2] Kuwait e Bahrain. Con Albania gañou a Copa dos Balcáns en 1946.
Tamén traballou en Australia, adestrando o Footscray JUST e o South Melbourne Hellas durante a década de 1960,[3] e pasou dúas veces polo banco da selección de Nova Zelandia.[4]
Palmarés
editar- Albania
- Copa dos Balcáns (1): 1946.
- Estrela Vermella
- Primeira Liga de Iugoslavia (2): 1951, 1953.
- Juventus
- Serie A (1): 1957/58.
- Al Nassr
- Copa do Rei Saudita (1): 1976.
- Copa Federación de Arabia Saudita (1): 1976.
Notas
editar- ↑ "1946/47". ofkbeograd.net (en bosníaco). Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2011. Consultado o 2 de marzo de 2022.
- ↑ "Yugoslav Players and Coaches in Italy". rsssf.com (en inglés). Consultado o 2 de marzo de 2022.
- ↑ "1960". smfc.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2008. Consultado o 2 de marzo de 2022.
- ↑ "National Coaches". nzfootball.co.nz (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2014. Consultado o 2 de marzo de 2022.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Datos do adestrador en WorldFootball.net (en inglés).
- Datos do adestrador en BDFutbol (en castelán).