Lito Vila Baleato
Lito (Manuel) Vila Baleato, nado en Alemaña o 30 de xaneiro de 1978, é un profesor e escritor galego.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de xaneiro de 1978 (46 anos) Alemaña |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor, catedrático |
Obra | |
Obras destacables
| |
Traxectoria
editarFillo de emigrantes galegos, medrou no barrio de San Pedro de Santiago de Compostela, cidade na cal estudou Filoloxía Alemá e Hispánica na USC. Despois de rematar os seus estudos con estancias grazas a bolsas Erasmus na Universität Paderborn e na University of Manchester, volveu emigrar a Alemaña, onde impartiu clases varios cursos na mesma universidade na que fora estudante de intercambio, antes de pasar ao ensino secundario, onde exerceu o seu labor docente durante case dúas décadas.
Dende o ano 2022 reside de novo en Galicia, onde compaxina a docencia no ensino secundario coa súa tarefa creativa como escritor. [2]
En Alemaña ten publicado numeroso material didáctico, varios libros de texto de Español como Lingua Estranxeira (Encuentros, A tope, Apúntate, Punto de vista) para educación secundaria e diferentes lecturas graduadas para escolares, así como público xuvenil e adulto nas editoriais Cornelsen Verlag, Circon Verlag e Editorial Pons.
Durante moitos anos escribiu o blog La generación de la burbuja en El Correo Gallego para describir a súa visión de feitos actuais dende a súa perspectiva como emigrante en Alemaña[3].
En 2018 apareceu a súa primeira novela en lingua galega Campus Morte[4], que foi a obra gañadora do XV Premio Frei Martín Sarmiento na categoría de bacharelato e adultos.
Obras
editarNovela negra:
editar- Campus Morte (2018). Vigo: Editorial Galaxia. 184 páxs. ISBN 978-84-9151-164-9.
Lecturas graduadas para estudantes de Español como Lingua Estranxeira:
editar- El misterio de las mascotas (2012). Cornelsen Verlag.
- Aventuras de verano (2012). Cornelsen Verlag
- Tú no sabes quién soy (2013). Cornelsen Verlag.
- ¡Déjame en paz! (2013). Cornelsen Verlag.
- El secreto de mi padre (2015). Cornelsen Verlag.
- ¿Y ahora qué? (2015). Cornelsen Verlag.
- Un vecino muy raro (2018). Cornelsen Verlag.
- La casa amarilla, 5-Minuten Lektüren Spanisch A2 (2019). PONS.
- El verano de mi vida (2019). Cornelsen Verlag.
- ¡Desconecta! (2019). Cornelsen Verlag
- Tapas y más, 5-Minuten Lektüren Spanisch A1 (2019). PONS.
- Tres meses en México (2019). Cornelsen Verlag.
- ¿Cuándo empieza el futuro? (2020). Cornelsen Verlag.
- Otro yo en Argentina (2021). Cornelsen Verlag.
- Un beso de verano, 10-Minuten Lektüren Spanisch B1 (2021). PONS.
- Más que amigos (2021). Circon Verlag.
- El otro camino (2022) Cornelsen Verlag.
- Las gallinas de mi tía Yolanda (2022), Ed. Circon Verlag.
- El encuentro - Spanisch lernen mit Anna (2022), Ed. PONS.
- Desaparición en Barcelona (2023), Ed. Circon Verlag.
- Muerte en el motel – Lernkrimi (2023), Ed. Circon Verlag.
- Y, ¿dónde está Pau? (2024) Cornelsen Verlag
Outros
editar- S.D. Compostela 1962-2022. 60 anos de sentimento branquiazul (2022). Coa coautoría de César Vila Baleato. Editado por Teófilo Edicións. Recompílase a historia da entidade a través de 600 fotografías, estatística e anécdotas.[5]
- Campo de estrelas, SD Compostela (coautor xunto a César Vila Baleato e Iván Suárez)
Premios
editar2019 - XV Premio Frei Martín Sarmiento - Campus morte, Editorial Galaxia.
2021 - IX Concurso de Micro-relatos OZOCOgz, Vida, Segundo premio [1]
2022 - X Concurso de Micro-relatos OZOCOgz, Segredo, Primeiro premio .
Notas
editar- ↑ "Lito Vila Baleato". Biblioteca Virtual Fandom (en castelán). Consultado o 2022-06-14.
- ↑ "Lito Vila Baleato". Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2020. Consultado o 14 de xuño de 2022.
- ↑ La generación de la burbuja Arquivado 05 de abril de 2018 en Wayback Machine., blog de Lito Vila.
- ↑ Campus Morte, na web de Editorial Galaxia.
- ↑ "O libro que reúne 60 anos de sentimento branquiazul". www.elcorreogallego.es. Consultado o 2022-06-14.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Presentación de "Campus Morte" na Libraría Couceiro en Santiago de Compostela Arquivado 05 de abril de 2018 en Wayback Machine.
- Novela negra en Compostela: Entrada do blog "La generación de la burbuja" sobre "Campus morte" Arquivado 19 de xuño de 2018 en Wayback Machine.
- Entrevista Maria Couceiro en RadioVoz recomendando "Campus Morte"
- Manuel Gutiérrez entrevista a Lito Vila Baleato autor de “Campus morte“ en Radio Nacional de España
- "Santiago es el escenario ideal para una novela negra" Arquivado 27 de maio de 2018 en Wayback Machine., Lito Vila Baleato, 1001 caras de Compostela
- Roteiro baseado na obra Campus Morte de Lito Vila Baleato Por Jesús