Lithocarpus elegans
Lithocarpus elegans | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Lámina de L. elegans no Instituto de Botánica da Academia Chinesa de Ciencias | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Lithocarpus elegans (Blume) Hatus. ex Soepadmo, 1825 |
Lithocarpus elegans é unha especie de árbore pertencente á familia das fagáceas, do grupo dos chamados carballos de pedra, propio do leste de Asia, ao sur do Himalaia, a China e o Sueste asiático.
Características
editarLithocarpus elegans é unha árbore que pode chegar até os 30 me de altura, cun tronco cun diámetro de até os 70 cm. A casca é de cor parda agrisada e está fisurada ou con lenticelas. As follas, coriáceas, miden até 17 cm de longo. As súas landras, de cor marrón, son ovoides ou arredondadas, miden até 2,5 cm de ancho, e son comestíbeis.[1]
Distribución e hábitat
editarLithocarpus elegans encóntrase no sur e no sueste de Asia, nunha ampla área que vai desde Nepal, até todo subcontinente indio, a China, Indochina e Malesia.[1][2][3]
É característico da zona forestal perennifolia que se encontra até altitudes de entre os 1 800 e os 2 600 m no Himalaia Oriental.[2] En zonas máis baixas habita en zonas de selva tropical húmida até os 1 500 m.[1]
Uso
editarA súa madeira úsase localmente para obter leña e para fabricar carbón.[1] É cultivado nalgunhas zonas como planta ornamental, e tamén para aproveitar os seus froitos como alimento.
Taxonomía
editarDescrición
editarLithocarpus elegans foi descrita en 1825 polo naturalista e botánico alemán-neerlandés Carl Ludwig Blume, baixo o nome de Quercus elegans, e reclasificado en 1970 por S. Soepadmo nun traballo publicado en Reinwardtia 8: 221-260.[4]
Etimoloxía
editarPara a do xénero, véxase Lithocarpus.
O epíteto específico elegans, é un termo latino que significa "elegante".[1]
Sinónimos
editarAdemais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén por numerosos sinónimos.
(Ver a lista completa aquí).
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Soepadmo, E.; Julia, L.; Go, Rusea (2000). "Lithocarpus elegans (Blume) Hatus. ex Soepadmo". En Soepadmo, E.; Saw, L. G. Tree Flora of Sabah and Sarawak 3. Forest Research Institute Malaysia. pp. 55–56. ISBN 983-2181-06-2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de setembro de 2013. Consultado o 12 de xullo de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 Lithocarpus elegans en Botanic Stories. Royal Botanic Garden Edinburgh.
- ↑ Lithocarpus elegans Arquivado 11 de xullo de 2020 en Wayback Machine. na World Checklist of Selected Plant Families. Reais Xardíns Botánicos de Kew.
- ↑ Lithocarpus elegans no GBIF.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Camus, Aimee (1948): "Les chenes. Monographie des genres Quercus et Lithocarpus, Atlas vol. 3". Encyclopedie Economique de Sylviculture. 7: 152–165.
- Kaul, Robert B. (1987): "Reproductive structure of Lithocarpus sensu lato (Fagaceae): cymules and fruits". Journal of the Arnold Arboretum. 68: 73–104.
- Soepadmo, E. (1972): "Fagaceae". Flora Malesiana: Series I - Spermatophytes. 7: 265–403.