Lista dos accidentes xeolóxicos de Titán
Isto é unha lista dos accidentes xeolóxicos da lúa Titán de Saturno. Os nomes oficiais para estes accidentes foron outorgados recentemente, xa que a superficie de Titán era virtualmente descoñecida ata a chegada da misión Cassini. Algúns accidentes teñen nomes informais ou alcumes.
Accidentes relativos ó albedo
editarEstes accidentes xeolóxicos relativos ó Albedo posúen nomes de lugares sagrados ou enmeigados da literatura ou a mitoloxía mundial.
Accidentes relativos a un albedo brillante
editarAccidente rel. ó albedo | Coordenadas | Procedencia do nome |
---|---|---|
Adiri | 10 S 210 O | Adiri, o paraíso en Melanesia. |
Dilmun | 15 N 175 O | Dilmun, ceo sumerio. |
Quivira | 0 N 15 O | Quivira, a lendaria cidade do medio-oeste americano |
Tsegihi | 40 S 10 O | Tsegihi, un lugar sagrado da tribo Navagho. |
Xanadu | 15 S 100 O | Xanadu, un palacio imaxinario que aparece na obra Kubla Khan do autor Samuel Taylor Coleridge. |
Accidentes relativos a un albedo escuro
editarAccidente rel. ó albedo | Coordenadas | Procedencia do nome | Nome informal ou alcume |
---|---|---|---|
Aaru | 10 N 340 O | Aaru, o paraíso exipcio. | |
Aztlan | 10 S 20 O | Aztlán, o fogar mítico dos Aztecas. | Parte sur da 'H xacente' |
Belet | 5 S 255 O | Belet, o paraíso do pobo malaio. | |
Ching-tu | 30 S 205 O | Ching-tu, o paraíso do budismo chinés. | |
Fensal | 5 N 30 O | Fensal, mansión divina da mitoloxía nórdica heavenly mansion | Parte norte da 'H xacente' |
Mezzoramia | 70 S 0 O | Mezzoramia, lenda italiana sobre un oasis da ledicia en África. | |
Senkyo | 5 S 320 O | Senkyo, o paraíso xaponés. | |
Shangri-La | 10 S 165 O | Shangri-La, o paraíso tibetano. |
Arcūs
editarOs Arcūs son accidentes xeolóxicos con forma de arco, os Arcūs de Titán teñen nomes de deidades da ledicia.
Arcus | Latitude | Lonxitude | Procedencia do nome |
---|---|---|---|
Hotei Arcus | 28,0 S | 79,0 O | Hotei, un deus xaponés |
Cráteres
editarOs Cráteres en Titán posúen nomes de deidades da sabedoría.
Cráter | Latitude | Lonxitude | Diámetro (km) | Procedencia do nome | Nome informal ou alcume |
---|---|---|---|---|---|
Afekan | 25,8 N | 200,3 O | 115,0 | Afekan, creador de deusas de Nova Guinea | |
Ksa | 14,0 N | 65,4 O | 29,0 | Ksa, deus dos lakota e os Oglala | |
Menrva | 20,1 N | 87,2 O | 392,0 | Menrva, deusa da mitoloxía etrusca | 'Circus Maximus' |
Selk | 7,0 N | 199,0 O | 80,0 | Selk, deusa da mitoloxía exipcia | |
Sinlap | 11,3 N | 16,0 O | 80,0 | Sinlap (mitoloxía), espírito dos Kachin (Jingpo) |
Faculae
editarAs Faculae (manchas brillantes) posúen nomes de illas da Terra que non son politicamente independentes. Grupos de faculae teñen nomes de arquipélagos da Terra.
Facula | Latitude | Lonxitude | Procedencia do nome | Nome informal ou alcume |
---|---|---|---|---|
Antilia Faculae | 11,0 S | 187,0 O | Antillia, o arquipélago mitolóxico do Atlántico | |
Bazaruto Facula | 11,6 N | 16,1 O | Bazaruto, unha illa de Mozambique | |
Coats Facula | 11,1 S | 29,2 O | Illa Coats, Canadá | |
Crete Facula | 9,4 N | 150,1 O | Creta, unha illa de Grecia | |
Elba Facula | 10,8 S | 1,2 O | Elba, unha illa de Italia | |
Kerguelen Facula | 5,4 S | 151,0 O | As illas Kerguelen, un arquipélago subantártico de Francia | |
Mindanao Facula | 6,6 S | 174,2 O | Mindanao, unha illas de Filipinas | 'Irlanda' |
Nicobar Faculae | 2,0 N | 159,0 O | Illas Nicobar, un arquipélago da India | |
Oahu Facula | 5,0 N | 166,7 O | Oahu, unha illas de Hawai | |
Santorini Facula | 2,4 N | 145,6 O | Santorini, unha illa de Grecia | |
Shikoku Facula | 10,4 S | 164,1 O | Shikoku, unha illa do Xapón | 'Gran Bretaña' |
Sotra Facula | 12,5 S | 39,8 O | Sotra, unhas illas de Noruega | 'A Rosa' |
Texel Facula | 11,5 S | 182,6 O | Texel, unha illa dos Países Baixos | 'Manhattan' |
Tortola Facula | 8,8 N | 143,1 O | Tórtola, unha da illas das Illas Virxes Británicas | 'O caracol' |
Vis Facula | 7,0 N | 138,4 O | Vis, unha illa de Croacia |
Fluctūs
editarO termo "fluctus" refírese a fluxos do terreo (corrementos de terra). As Fluctūs en Titán teñen nomes de figuras mitolóxicas asociadas coa beleza.
Fluctus | Latitude | Lonxitude | Procedencia do nome |
---|---|---|---|
Ara Fluctus | 39,8 N | 118,4 O | Ara a fermosa, unha lendaria figura de Armenia |
Leilah Fluctus | 50,5 N | 77,8 O | Layla, deusa persa |
Rohe Fluctus | 47,3 N | 37,75 O | Rohe, deusa maorí |
Winia Fluctus | 49,0 N | 46,0 O | Winia, a primeira muller indonesia |
Flumina
editarUn flumen é un accidente xeolóxico que semella unha canle feita por río (dun líquido que non tería por que ser auga). Só hai un grupo de flumina con nome oficial en Titán.
Flumina | Latitude | Lonxitude | Procedencia do nome |
---|---|---|---|
Elivagar Flumina | 19,3 N | 78,5 W | O Élivágar, un grupo de ríos xeados da mitoloxía nórdica |
Insulae
editarInsulae son illas dentro dos 'mares' de Titán. Posúen nomes de illas lendarias.
Insula | Latitude | Lonxitude | Procedencia do nome |
---|---|---|---|
Mayda Insula | 79,1 N | 312,2 O | Mayda, lendaria illa do nordeste atlántico |
Labrynthi
editarLabrynthi son complexas estruturas de vales e fendas interconectadas, teñen nomes procedentes dos nomes de planetas do universo de Dune.
Labyrinthus | Latitude | Lonxitude | Procedencia do nome |
---|---|---|---|
Sikun Labyrinthus | 77,9 S | 28,9 O | Sikun |
Lacūs
editar- Artigo principal: Lagos de Titán.
Os Lacūs[1] son lagos de hidrocarburos (na nomenclatura de Titán usase para o plural a forma Lacūs e en singular lacus, aínda que en latín a forma en plural de lacus é laci).
Accidentes de grandes círculos concéntricos
editarOs accidentes de grandes círculos concéntricos teñen nomes de deidades da sabedoría non mundo mitolóxico.
Accidentes de grandes círculos concéntricos | Latitude | Lonxitude | Procedencia do nome |
---|---|---|---|
Guabonito | 10,9 S | 150,8 O | Guabonito, deusa taína do mar |
Nath | 30,5 S | 7,7 O | deusa da sabedoría na mitoloxía irlandesa |
Veles | 2,0 N | 137,3 O | Veles, deus da mitoloxía eslava |
Maculae
editarAs maculae son manchas escuras na superficie dun astro, en Titán estas manchas teñen nomes de deidades da mitoloxía mundial da ledicia, harmonía e da paz.
Macula | Latitude | Lonxitude | Procedencia do nome |
---|---|---|---|
Eir Macula | 24,0 S | 114,7 O | Eir, deusa da mitoloxía nórdica. |
Elpis Macula | 31,2 N | 27,0 O | Elpis, deus da mitoloxía grega. |
Ganesa Macula | 50,0 N | 87,3 O | Ganesa, deus hindú. |
Omacatl Macula | 17,6 N | 37,2 O | Omacatl, deus da mitoloxía azteca. |
Polaznik Macula | 41,1 S | 280,4 O | Polaznik, deus da mitoloxía eslava. |
Polelya Macula | 50,0 N | 56,0 O | Polelya, deus da mitoloxía eslava. |
Maria
editar- Artigo principal: Lagos de Titán.
Maria (plural de mare) son grandes extensións de materiais escuros nos astros, que no caso de Titán adoitan ser circulares (e de maior tamaño cós Lacūs). Pénsase que estas Maria están constituídos de hidrocarburos líquidos.
Planitiae
editarAs Planitiae (planicies a baixa altitude) en Titán teñen nomes procedentes dos nomes dos planetas que aparecen no universo de Dune.
Planitia | Latitude | Lonxitude | Procedencia do nome |
---|---|---|---|
Arrakis Planitia | 78,4 S | 117,0 O | Arrakis |
Chusuk Planitia | 5,0 S | 23,5 O | Chusuk |
Regiones
editarAs Regiones (rexións fortemente diferenciadas dos territorios adxacentes) en Titán posúen nomes de deidades da paz e da ledicia.
Regio | Latitude | Lonxitude | Procedencia do nome |
---|---|---|---|
Hotei Regio | 26,0 S | 78,0 O | Budai, Deus da China/Xapón |
Tui Regio | 24,5 S | 124,9 W | Tui, deusa da mitoloxía chinesa. |
Virgae
editarAs Virgae (estrías de cor) en Titán teñen nomes procedentes de deuses da choiva da mitoloxía mundial.
Virga | Latitude | Lonxitude | Procedencia do nome |
---|---|---|---|
Bacab Virgae | 19,0 S | 151,0 O | Bacab, deus maia da choiva. |
Hobal Virga | 35,0 S | 166,0 O | Hobal, deus da choiva na mitoloxía árabe. |
Kalseru Virga | 36,0 S | 137,0 O | Kalseru, deus da choiva dos aborixes australianos. |
Perkunas Virgae | 27,0 S | 162,0 O | Perkūnas, deus da choiva, do trono e os lóstregos da mitoloxía lituana. |
Shiwanni Virgae | 25,0 S | 32,0 O | Shiwanni, deus da choiva Zuñi. |
Uanui Virgae | 45,2 N | 235,3 O | Uanui, deus da choiva Maorí. |
Nomes informais e alcumes para accidentes sen nome oficial
editarDado que a natureza exacta de moitos dos accidentes xeolóxicos de Titán permanecen no misterio, algúns destes accidentes xeolóxicos non recibiron aínda ó seu nome oficial e son coñecidos por alcumes. En boa parte dos casos, as indicacións en relación ó brillo ou a escuridade dun accidente concreto non se refiren ó espectro visible da luz, senón que se refiren ó seu brillo ou escuridade en imaxes feitas no espectro infravermello, para así poder traspasa-la densa atmosfera de Titán. A sonda sonda Cassini-Huygens tamén comezou a facer mapas da superficie de Titán usando o radar.
- 'O Fouciño': unha grande e escura rexión en forma de fouciño captada dende o Telescopio Hubble.
- 'O Can e a Pelota', 'Cabeza de Dragón': unhas rexións grandes e escuras próximas ó ecuador, identificadas polo Observatorio Europeo do Sur, os nomes refírense as súas formas.
- 'Si-Si o Gato': unha rexión que se amosa escura a través da imaxes de radar, recibiu o seu nome grazas a filla do descubridor que dixo que tiña forma de gato.
Notas
editar- ↑ "Gazetteer of Planetary Nomenclature". USGS. 31-12-2009. Arquivado dende o orixinal o 25-05-2006. Consultado o 31-12-2009.