Lista de atentados terroristas en 2025
artigo de listas da Wikimedia
Isto é unha lista sobre os atentados terroristas que aconteceron no ano 2025.
Atentados por mes
editarXaneiro
editar1 de xaneiro
- Estados Unidos: Atentado de Nova Orleáns en xaneiro de 2025. Un atropelo masivo e posterior tiroteo na rúa Bourbon, no barrio fránces da cidade de Nova Orleáns durante a celebración do Día de Aninovo, deixou 14 vítimas mortais e 35 feridas. O autor do atentado foi abatido pola policía. O FBI está investigando o suceso como un acto de terrorismo. O autor do atentado é un home de 42 anos, veterano do exército, de nacionaliade estadounidense que vivía no estado de Texas e responde ao nome de Shamsud-Din Jabbar. A motivación do atacante aínda é descoñecida, porén sabese que quería cometer unha matanza e causar o maior número de vítimas e que se inspirou en ataques semellantes cometidos polo Estado Islámico, xa que encontrouse na camioneta coa que realizou o atropelo masivo unha bandeira deste grupo terrorista. Cabe destacar, que o FBI creeu nun primeiro momento que o terrorista non actuará solo e que podería haber máis persoas implicadas, pero máis tarde descartouse esa posiblidade.[1][2][3]
- Estados Unidos: Atentado en Las Vegas en xaneiro de 2025. Un coche Tesla Cybertruck estopou, cargado de cilindros de combustible para campings, cilindros de gas e morteiros de pirotecnia, na cidade de Las Vegas diante da entrada do Trump Hotel deixando 1 vítima mortal e 7 feridas. O FBI está investigando o suceso como un posible acto de terrorismo. A identidade do suicida é un veterano do exército estadounidense duns 37 anos, que responde ao nome de Mark Livelsberger. Averiguose que o vehículo foi alugado en Colorado a través dunha aplicación de alugueiro de vehículos chamada Turo.[4][5]
- Cisxordania ocupada: Un tiroteo contra un autobús e dous vehículos preto do asentamento ilegal israelí Kedumim, deixou 3 israelís mortos e 8 feridos. As autoridades israelís acuasan a dous palestinos de perpretar o ataque.[6]
6 de xaneiro
- India: Unha bomba detonada contra un vehículo da policía no distrito de Bijapur, no estado de Chhattisgarh, deixou un total de 9 mortos. Segundo as autoridades indias os autores do atentado son rebeldes maoístas.[7]
8 de xaneiro
- Benín: Un ataque contra o exército de Benín na zona de Point Triple na rexión de Alibori, deixou entre 28 e 30 soldados mortos e un número descoñecido de feridos. O grupo que reivindicou o atentado é o JNIM (Grupo de Apoio ao Islam e Musulmáns), vinculado a Al-Qaida.[8][9]
18 de xaneiro
- Irán: Un tiroteo fronte ao edificio do Tribunal Supremo de Irán en Teherán, deixou en total 2 xuíces mortos e 1 persoa ferida. O autor do atentado suicidouse despois do tiroteo. [10]
24 de xaneiro
- Nixeria: Un asalto por parte de membros do ISWAP (Estado Islámico da África Occidental) a unha base do exército de Nixeria na localidade de Malam-Fatori, no estado de Borno deixou polo menos 20 mortos e varios feridos.[11]
Febreiro
editar1 de febreiro
- Paquistán: Un ataque durante a noite por parte de insurxentes que operan na zona contra o distrito de Kalat, na rexión do Baluchistán, deixou en total 30 mortos (18 militares e 12 terroristas). O Exército de Liberación de Baluchistán reivindicou o atentado.[12]
3 de febreiro
- Siria: Un coche bomba estoupou na localidade de Manbij, deixou polo menos 20 vítimas mortais e outras 15 feridas, a gran maioría mulleres e nenas. Ningún grupo reivindicou o atentado.[13]
7 de febreiro
- Malí: Un presunto ataque terrorita contra unidades do exército maliense e milicianos rusos de Wagner durante unha ruta entre as cidades de Gao e Ansongo, deixou polo menos 32 mortos e un número descoñecido de feridos. As autoridades de Malí responsabilizan do atentado a filial do Estado Islámico que opera no país, aínda que esta última non reivindicou o ataque.[14]
11 de febreiro
- Afganistán: Un ataque suicida contra un banco na localidade de Kuduz, na rexión de Kuduz, deixou polo menos 5 mortos e 7 resultaron feridas. O Estado Islámico do Khorasan reivindicou o atentado.[15]
- Somalia: Un ataque por parte de Estado Islámico contra unha base militar na rexión de Bari en Puntlandia, deixou polo menos 97 mortos (27 militares das forzas de seguridade de Puntlandia e 70 terroristas) e máis de 60 feridos.[16]
13 de febreiro
- Afganistán: Unha explosión nun complexo dun ministerio do goberno de afgá en Cabul, deixou 1 morto e 3 feridos. Ningún grupo reivindicou o atentado.[17]
- Alemaña: Atropelo masivo en Múnic en febreiro de 2025. Un atropelo masivo contra unha manifestación do sindicato Verdi na cidade de Múnic, deixou 36 feridos, algúns en estado crítico. O autor do ataque é un home afgá de 24 anos, que responde ao nome de Farhad N., que conduciu de maneira intencional contra a manifestación. As autoridades alemás indican que se está investigando o suceso como un ataque e segundo os fiscais alemás indican que o criminal autou cun motivo xihadista, aínda que non está confirmado a pertenza a unha organización terrorista islamista.[18]
Notas
editar- ↑ Eric Tucker e Jim Mustian (1 de xaneiro de 2025). "Driver rams New Year’s revelers in New Orleans, killing 10. FBI investigating as ‘act of terrorism’". apnews.com (en inglés). Consultado o 1 de xaneiro de 2025.
- ↑ Eric Tucker, Jim Mustian, Kevin Mccgill e Jack Brook (2 de xaneiro de 2024). "US Army veteran who killed 15 in New Orleans attack was inspired by the Islamic State group". apnews.com (en inglés). Consultado o 2 de xaneiro de 2024.
- ↑ SRF News (2 de xaneiro de 2024). "Attentäter von New Orleans laut Biden vom IS «inspiriert»". www.srf.ch (en alemán). Consultado o 2 de xaneiro de 2024.
- ↑ EFE (2 de xaneiro de 2025). "Un muerto y siete heridos tras la explosión de un Cybertruck de Tesla frente al Trump Hotel de Las Vegas". cadenaser.com (en castelán). Consultado o 2 de xaneiro de 2025.
- ↑ James Liddell (2 de xaneiro de 2025). "Who was Matthew Livelsberger, the US Army veteran named as a suspect in the Cybertruck explosion?". www.independent.co.uk (en inglés). Consultado o 2 de xaneiro de 2025.
- ↑ Al Jazeera (6 de xaneiro de 2025). "Three Israelis killed in shooting attack in occupied West Bank". www.aljazeera.com (en inglés). Consultado o 6 de xaneiro de 2025.
- ↑ News Agencies (6 de xaneiro de 2025). "Nine killed in roadside bomb attack in central India". www.aljazeera.com (en inglés). Consultado o 26 de xaneiro de 2025.
- ↑ Paul Njie e Wycliffe Muia (10 de xaneiro de 2025). "Beninese army suffers 'hard blow' in border attack". www.bbc.com (en inglés). Consultado o 26 de xaneiro de 2025.
- ↑ AFP (11 de xaneiro de 2025). "Al-Qaeda-Linked Jihadist Group Claims Deadly Benin Attack". thedefensepost.com (en inglés). Consultado o 26 de xaneiro de 2025.
- ↑ Agence France-Presse (18 de xaneiro de 2025). "Two judges shot dead in Iran’s supreme court building, state media say". www.theguardian.com (en inglés). Consultado o 26 de xaneiro de 2025.
- ↑ Ahmed Kingimi (26 de xaneiro de 2025). "Islamist insurgents kill at least 20 Nigerian troops, security sources say". www.reuters.com (en inglés). Consultado o 26 de xaneiro de 2025.
- ↑ Ayaz Gul (1 de febreiro de 2025). "Insurgent attack kills 18 soldiers in southwestern Pakistan". www.voanews.com (en inglés). Consultado o 13 de febreiro de 2025.
- ↑ David Gritten (3 de febreiro de 2025). "Car bomb blast in northern Syria kills at least 20". www.bbc.com (en inglés). Consultado o 13 de febreiro de 2025.
- ↑ Chinomso Sunday (8 de febreiro de 2025). "Suspected Terrorist Attack Kills at Least 32 in Mali". newscentral.africa (en inglés). Consultado o 13 de febreiro de 2025.
- ↑ AFP (13 de febreiro de 2025). "Daesh group claims suicide bombing of Afghan bank". www.arabnews.com (en inglés). Consultado o 13 de febreiro de 2025.
- ↑ Mohamed Olad Hassan (11 de febreiro de 2025). "Scores dead as Islamic State attacks military base in Somalia". www.voanews.com (en inglés). Consultado o 13 de febreiro de 2025.
- ↑ Associated Press (13 de febreiro de 2025). "Blast at ministry compound in Kabul kills 1 person and injures 3". apnews.com (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2025.
- ↑ Paul Kirby (14 de febreiro de 2025). "Jihadist motivation in Munich attack, prosecutors say". www.bbc.com (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2025.