Lista de accidentes aéreos en 2018
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde novembro de 2018) |
Esta é unha lista sobre os accidentes aéreos que aconteceron durante o 2018.
Accidentes aéreos por países
editarPaís | Núm. de mortos totais | Tot. de feridos totais | Tot. de desaparecidos |
---|---|---|---|
Alxeria | 257 | 0 | 0 |
Indonesia | 189 | 0 | 0 |
Irán | 77 | 0 | 0 |
Rusia | 71 | 0 | 0 |
Nepal | 51 | 0 | 0 |
Suíza | 20 | 0 | 0 |
Colombia | 7 | 0 | 3 |
Francia | 5 | 0 | 0 |
Estados Unidos | 5 | 0 | 0 |
España | 1 | 1 | 0 |
Exipto | 1 | 15 | 0 |
Accidentes aéreos por mes
editarXaneiro
editar5 de xaneiro
- Exipto: Un accidente aéreo provocado pola caída dun globo aerostático ao oeste da cidade antiga de Luxor, deixa unha turista surafricana morta e outros 15 turistas feridos.[1]
16 de xaneiro
- Colombia: Un helicóptero que estaba facendo a ruta Caucasia cara Segovia caeu e deixou polo menos 7 persoas mortas e búscase a 3 persoas desaparecidas.[2]
29 de xaneiro
- España: Unha avioneta estrelouse no concello gaditano de Villamartín, preto do río Guadalete e da estrada de Higuerones, deixa 1 morto e un ferido grave.[3]
Febreiro
editar2 de febreiro
- Francia: Un accidente entre dous helicópteros da armada francesa ocorreu a 40 quilómetros ao norte de Saint-Tropez, deixando 5 mortos.[4]
12 de febreiro
- Rusia: Un avión modelo Antonov AN-148 da aeroliña Saratov estrelouse preto de Moscova, deixando un total de 71 persoas mortas. O avión despegara do aeroporto de Domodédovo.[5]
18 de febreiro
- Irán: Un avión modelo ATR 72 da compañía iraniana Aseman Airlines estrelase mentres estaba facendo a ruta Teherán a Yasuj, falecendo as 66 persoas que voaban no avión.[6]
Marzo
editar12 de marzo
- Estados Unidos: Un helicóptero modelo Eurocopter AS350 dunha compañía que realiza voos turísticos estrelouse contra as augas do río que baña Manhattan, deixando 5 persoas falecidas e 1 supervivente, concretamente o piloto.[7]
- Irán: Un avión modelo Bombardier Challenger 604 da compañía Basaron Holding que facía a ruta dende os Emiratos Árabes Unidos a Istambul, estrelándose nunha zona montañosa do suroeste de Irán, falecendo as 11 persoas que estaban no avión.[8]
- Nepal: Un avión modelo DHC-8-400 da compañía US-Bangla Airlines estrelase no Aeroporto Katmandú-Tribhuvan deixando 51 persoas mortas e 20 superviventes.[9]
Abril
editar11 de abril
- Alxeria: Un avión modelo Ilyushin Il-76TD, operado pola Forza Aérea de Alxeria, estrelouse preto do Aeroporto de Boufarik, pouco despois de engalar do mesmo aeroporto. O accidente provocou que as 257 persoas que estaban no avión falecesen, converténdose no accidente aéreo con máis falecidos de Alxeria.[10]
Agosto
editar4 de agosto
- Suíza: Un avión da empresa Junkers modelo Ju-52/3mg4e operado pola aeroliña Ju-Air estrelouse a 1'2 quilómetros de Piz Segnas, falecendo as 20 persoas que viaxaban no avión, mentres engalara da Base Aérea de Locarno e que tiña como destino a Base Aérea de Dübendorf.[11]
Setembro
editar9 de setembro
- Sudán do Sur: Un avión Let L-410UVP con 22 persoas a bordo, operado por Baby Airlines estrelouse no lago Yirol, preto do seu destino, o aeroporto de Yirol. Engalou no Aeroporto de Juba. O saldo total de vítimas mortais ascende a 19.[12]
Outubro
editar29 de outubro
- Indonesia: Un avión modelo Boeing 737 MAX 8 da aeroliña Lion Air, esnafrouse contra o mar, a 13 quilómetros ao Norte de Tanjung Bungin mentres realizaba o voo dende o Aeroporto Internacional de Soekarno-Hatta en Iacarta ao Aeroporto Pangkal Pinang. Transportaba un total de 189 persoas, que faleceron cando chocaron contra a auga.[13]
Notas
editar- ↑ AGENCIAS (5 de xaneiro de 2018). "Un muerto y 15 heridos al estrellarse un globo en Egipto". elpais.com (en castelán). Consultado o 16 de novembro de 2018.
- ↑ A. MARCOS (16 de xaneiro de 2018). "Siete personas mueren en el accidente de un helicóptero militar en Colombia". elpais.com (en castelán). Consultado o 16 de novembro de 2018.
- ↑ AGENCIAS (29 de xaneiro de 2018). "Un muerto y un herido grave en un accidente de avioneta en Cádiz". elpais.com (en castelán). Consultado o 16 de novembro de 2018.
- ↑ SILVIA AYUSO (2 de febreiro de 2018). "Cinco muertos tras estrellarse dos helicópteros de la Armada francesa". elpais.com (en castelán). Consultado o 16 de novembro de 2018.
- ↑ RODRIGO FERNÁNDEZ (12 de febreiro de 2018). "Un avión ruso se estrella cerca de Moscú y deja 71 muertos". elpais.com (en castelán). Consultado o 17 de novembro de 2018.
- ↑ AGENCIAS (18 de febreiro de 2018). "Se estrella un avión en Irán con 66 personas a bordo: no hay supervivientes". www.20minutos.es (en castelán). Consultado o 18 de novembro de 2018.
- ↑ SANDRO POZZI (12 de marzo de 2018). "Cinco muertos al estrellarse un helicóptero turístico en las aguas de Manhattan". elpais.com (en castelán). Consultado o 18 de novembro de 2018.
- ↑ AGENCIAS (13 de marzo de 2018). "Dos españolas mueren al estrellarse su avión en Irán tras una despedida de soltera". elpais.com (en castelán). Consultado o 18 de novembro de 2018.
- ↑ Sangam Prasain (27 de agosto de 2018). "EXCLUSIVE: US-Bangla pilot was mentally stressed and reckless". kathmandupost.ekantipur.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2018. Consultado o 23 de novembro de 2018.
- ↑ Staff writer (11 de abril de 2018). "More than 250 killed in Algerian military plane crash". english.alarabiya.net (en inglés). Consultado o 24 de novembro de 2018.
- ↑ SDA (5 de agosto de 2018). "Ju-Air stellt Flugbetrieb ein". m.20min.ch (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2018. Consultado o 24 de novembro de 2018.
- ↑ NEWS AGENCIES (9 de setembro de 2018). "South Sudan: Many dead after passenger plane crashes in river". www.aljazeera.com (en inglés). Consultado o 1 de decembro de 2018.
- ↑ PALOMA ALMOGUERA (29 de outubro de 2018). "Un avión de Lion Air se estrella en Indonesia con 189 personas a bordo". elpais.com (en castelán). Consultado o 25 de novembro de 2018.