Lisbeth Palme
Anna Lisbeth Christina Palme, nada Beck-Friis en Estocolmo o 14 de marzo de 1931 e finada na mesma cidade o 18 de outubro de 2018 [1], foi unha psicóloga infantil sueca, presidenta da UNICEF (1990-1991) e muller do primeiro ministro, Olof Palme dende 1956 ata a súa morte en 1986.
![]() (2016) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (sv) Anna Lisbeth Christina Beck-Friis ![]() 14 de marzo de 1931 ![]() Estocolmo, Suecia ![]() |
Morte | 18 de outubro de 2018 ![]() Vällingby distrikt, Suecia ![]() |
Lugar de sepultura | Adolf Fredrik Church cemetery (en) ![]() ![]() |
Spouse of the Prime Minister of Sweden (en) ![]() | |
8 de outubro de 1982 – 28 de febreiro de 1986 ← Solveig Fälldin (en) ![]() | |
Spouse of the Prime Minister of Sweden (en) ![]() | |
14 de outubro de 1969 – 8 de outubro de 1976 ← Aina Erlander (pt) ![]() ![]() | |
![]() | |
![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Estocolmo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | política, psicóloga ![]() |
Empregador | UNICEF ![]() |
Partido político | Partido Operário Social-Democrata da Suécia (pt) ![]() ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Olof Palme (1956–1986) ![]() |
Fillos | Joakim Palme, Mårten Palme, Mattias Palme ![]() |
Pai | Christian Beck-Friis ![]() |
Irmáns | Ebbe Beck-Friis ![]() |
Descrito pola fonte | Svenskt kvinnobiografiskt lexikon (en) ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarProcedía dunha familia da nobreza sueca, os Beck-Friis. Seu pai era o enxeñeiro civil Christian Beck-Friis e súa nai Anna-Lisa, de solteira Bollíng. Tras rematar os seus estudos na Nya Elementarskolan för flickor en 1950 cursou estudos na Universidade de Estocolmo ata licenciarse en 1955[2]. Ao ano seguinte casou co político Olof Palme o 9 de xuño de 1956, que se converteu en primeiro ministro sueco, primeiro entre 1969 e 1976 e de novo de 1982 a 1986.[3], con quen tivo tres fillos: Joakim, Mårten e Mattias.[4]
Lisbeth Palme traballou como psicóloga infantil, durante un tempo para o Consello do Condado de Estocolmo e despois na Administración social de Estocolmo. Foi presidenta do Comité da UNICEF sueca entre 1987 e 1999 e presidenta internacional de UNICEF de 1990 a 1991[5]. Entre outras tarefas internacionais, foi membro do Comité das Nacións Unidas para os Dereitos do Neno en 1998 e formou parte do comité da Unión Africana que investigou o xenocidio de Ruanda e que presentou as súas conclusións no ano 2000. Lisbeth Palme tamén estivo implicada na expansión dos xardíns de infancia suecos.
No asasinato de Olof Palme en 1986, Lisbeth Palme foi a testemuña do asasinato, o 28 de febreiro de 1986, do seu marido máis próxima e durante unha dilixencia de recoñecemento, sinalou que fora Christer Pettersson o asasino. Mais, segundo un detective presente, tamén comentou que era evidente que Pettersson era alcólico [6] o que se podería interpretar que xa se informarara previamente e sabía que esa persoa tiña problemas co alcol mais as drogas [6]o que se consideraba que deterioraba a credibilidade do seu testemuño. Ao longo dos anos, diversos expertos, apuntaron a posibilidade que Lisbeth identificara o home errado[7].
Notas
editar- ↑ "Lisbeth Palme har avlidit". SVT Nyheter. 18 de outubro de 2018.
- ↑ "Bilden Palme helst hade sluppit vara med på". Svenska Dagbladet. 12 de febreiro de 2016.
- ↑ "Who Murdered Olof Palme?". Observer. 16 de novembro de 2016.
- ↑ "Sönerna: "Olof Palme var en gladlynt och positiv person"". Dagens Nyheter. 26 de febreiro de 2016.
- ↑ "Lisbet Palme, widow of murdered Swedish PM, dies aged 87". The Local. 18 de outubro de 2018.
- ↑ 6,0 6,1 "LEDARE: Lisbet Palme har skäl att vara kritisk". Aftonbladet. 25 de outubro de 2001.
- ↑ "Palmeexpert: Lisbet hade fel i vittnesmålet". Aftonbladet. 28 de febreiro de 2013.