Lisardo Santos
Luís Lisardo Santos Ares, nado en Sobrado en 1980,[1] é un político galego do PSdeG-PSOE.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1980 ![]() Sobrado, España ![]() |
![]() | |
2018 – ← María Jesús García Souto | |
![]() | |
2015 – marzo de 2017 (moción de censura) ← Jacobo Fernández García – María Jesús García Souto → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Traxectoria
editarTraballou como distribuidor de produtos agrarios. Antigo militante do BNG, foi o seu candidato á alcalía en 2011 situándose como principal forza da oposición ao PPdeG de Jacobo Fernández García. Nas eleccións municipais de 2015 pasouse con todo o seu equipo ao PSdeG-PSOE e encabezou a súa candidatura,[2] gañando as eleccións con maioría simple e sendo elixido alcalde en minoría.
En marzo de 2017 perdeu a alcaldía en favor da independente María Jesús García Souto por unha moción de censura presentada polos edís de Todos por Sobrado e o PPdeG.[3] Porén, unha nova moción de censura en abril de 2018 levou de novo a alcaldía a mans de Lisardo Santos,[4] tralas desavinzas entre populares e independentes, e que foi apoiada por un novo edil popular que se inscribeu como non adscrito para facilitar a moción.
Nas eleccións municipais de 2019 acadou de novo a alcaldía,[5] ao lograr unha ampla maioría absoluta con 7 edís fronte a 2 dos populares, os cales integraron a García Souto como candidata. Dende febreiro de 2022 forma parte da Executiva Provincial coruñesa do PSdeG, como secretario adxunto a política municipal. Nas municipais de 2023 foi novamente reelixido alcalde por maioría absoluta, logrando 8 edís dos 9 en xogo.
Notas
editar- ↑ La Voz de Galicia, 22-4-2015, p. 6.
- ↑ Torreiro, Sara (2015-05-15). "Operación Sobrado: caso de transfuguismo ou cuestión positiva?". praza.gal. Consultado o 2025-01-25.
- ↑ Redacción (2017-03-29). "Una moción de censura arrebata al PSdeG la alcaldía del concello de Sobrado". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2025-01-25.
- ↑ Redacción (12 de abril de 2018). "Sae adiante a moción de censura en Sobrado dos Monxes nun tenso pleno con berros e apupos". crtvg.es. Consultado o 25 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Sobrado". www.fegamp.gal. Consultado o 2025-01-25.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar
Predecesor: Jacobo Fernández García |
Alcalde de Sobrado 2015 - 2017 |
Sucesor: María Jesús García Souto |
Predecesor: María Jesús García Souto |
Alcalde de Sobrado 2018 - actualidade |
Sucesor: no cargo |