Lionor de Anjou
Lionor de Anjou,[1] tamén coñecida como Lionor de Nápoles e Lionor de Sicilia, nada en agosto de 1289 en Nápoles, Reino de Nápoles (Regnum Siciliae citra farum),[2] e finada o 9 de agosto de 1341 en Nicolosi, preto de Catania, Reino de Trinacria (Regnum Siciliae ultra farum),[2] foi unha princesa do Reino de Nápoles (R. s. citra farum) que foi consorte do rei Frederico III de Sicilia (R. S. ultra farum).[3][4][5][6]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1289 (Gregoriano) Nápoles, Italia |
Morte | 10 de agosto de 1341 (Gregoriano) (51/52 anos) mosteiro de San Nicolao en Arena, Italia |
Lugar de sepultura | San Francesco all'Immacolata |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Outro | |
Título | Consorte de Sicilia (1303–1337) Raíña |
Familia | Casa de Anjou-Sicilia |
Cónxuxe | Frederico II de Sicilia (1302 (Gregoriano)–) |
Fillos | Costanza de Sicilia, Pedro II de Sicilia, Manfredo de Atenas, Sabela de Sicilia, Guillerme II de Atenas, Xoán de Sicilia, Margarida de Sicilia |
Pais | Carlos II de Anjou e María de Hungría |
Irmáns | Lois de Nápoles Pedro de Nápoles Roberto I de Nápoles Carlos Martel de Anjou Ramón Berenguer de Andria Xoán de Durazzo Filipe I de Tarento Branca de Anjou Margarida de Anjou María de Nápoles |
Orixes familiares
editarLionor era a décima filla do rei de Nápoles e rei titular de Sicilia, conde de Anjou e de Maine, conde da Provenza e de Forcalquier, príncipe de Tarento, rei de Albania, príncipe de Acaia e rei titular de Xerusalén, Carlos II de Anjou,[7] e de María de Hungría, filla terceira de Estevo V de Hungría e da súa esposa, a raíña Isabel a Cumana.[8][9]
Era tamén irmá, entre outros, de Roberto de Anjou, duque de Calabria, e do franciscano conventual San Lois da Tolosa.
Traxectoria
editarLionor casou en 1299, cando tiña uns dez anos de idade, co nobre siciliano Filipe de Toucy, futuro príncipe titular de Antioquía (título herdado da súa nai, Lucía de Antioquía), e futuro señor de Terza (herdado do seu pai Narjot de Toucy). O seu matrimonio foi anulado o 17 de xaneiro de 1300 por bula do papa Bonifacio VIII, pola pouca idade da noiva (ademais de que estaban emparentados e non pediran dispensa ao papa para casaren).[3]
No ano 1302, despois de que Carlos de Valois, comandante das tropas anxevinas do Reino de Nápoles (R. S. c. f.) intentara, sen éxito, conquistar polas armas a illa de Sicilia, o mesmo Carlos de Valois, e máis o pai de Lionor, o rei de Nápoles Carlos II, o Coxo, e o papa Bonifacio VIII, propuxeron ao rei de Sicilia Frederico III (R. S. u. f.), da Casa de Aragón, casar con Lionor.[10]
O pai de Lionor e o seu futuro novo esposo estiveron implicados na guerra polo predominio no Mediterráneo e, especialmente, en Sicilia e no Mezzogiorno italiano. O matrimonio foi parte dun esforzo diplomático para estabelecer relacións pacíficas entre aragoneses e anxevinos que levaría á paz de Caltabellotta (19 de agosto de 1302).
Esta paz dividiu o vello Reino de Sicilia nunha porción insular e outra peninsular. A illa, camada Reino de Trinacria (ou Regnum Siciliae ultra farum), pasou a Frederico, que xa a estaba gobernándoa, como dote de Lionor, até a morte do rei, despois da cal a illa debería pasar de novo aos Anjou,[10] e o sur da Península Itálica, chamado na época Reino de Sicilia (ou Regnum Siciliae citra farum) —coñecido pola historiografía moderna Reino de Nápoles— quedou en poder de Carlos II, que xa o estivera gobernando. Así, a paz era un recoñecemento formal dun incómodo statu quo.
- Véxase tamén: Vésperas sicilianas.
En maio de 1303 celebrouse, en Messina, o matrimonio entre Lionor e Frederico III.[3]
Frederico era o fillo terceiro do rei de Aragón e de Valencia e conde de Barcelona e dos outros Condados cataláns, Pedro III o Grande e de Costanza II de Sicilia,[11] filla do rei de Sicilia Manfredo (fillo ilexítimo do emperador Frederico II Hohenstaufen).
Segundo os continuadores do Chronicon de Guillaume de Nangis, o matrimonio teríase celebrado en 1302,[3] pero segundo Genealogy celebrouse o 17 de maio de 1302).[5]
Frederico III asignou á súa consorte Lionor a chamada Camera Reginale. Esta Cámara real costituíu un verdadeiro e propio dote, adminisrado por un gobernador e a disposición da raíña, formada polos territorios das cidades de Paternò, Siracusa, Lentini, Avola, Mineo, Vizzini, Castiglione, Francavilla e a illa de Pantelleria. A Cámara real perdurou até 1537.[12]
En 1329, para agradecer á Virxe pasar sen perigo unha erupción do Etna, fixo construír en Catania unha grande igrexa dedicada a San Francisco.
No ano 1343, despois da morte do rei Frederico III, a raíña Lionor de Anjou trasladouse a Messina acompañada polo seu familiar, o cabaleiro Antonino Natoli,[13] ao que lle conferiu os seus feudos.[14] Ela retirouse nos territorios da súa Camera reginale, prefirindo sobre todo Belpasso, ao pé do Etna, onde incluso hoxe en día existe a Cisterna della Regina, que a tradición di que foi construída por orde dela.
Lionor faleceu o 9 de agosto de 1343 no convento de San Nicola l'Arena, cerca de Nicolosi (Catania). Posteriormente os seus restos foron levados a Catania onde repousan na igrexa de San Francisco, onde unha placa a recorda.
Descendencia
editarLionor e Frederico III tiveron nove fillos:[10][15][16][17]
- Pedro (1304-1342), seu sucesor como rei de Trinacria.
- Roger (1305-?), morto mozo.
- Costanza (1305-despois do 19 de xuño de 1344), casou con Henrique II de Chipre e, en segundas nupcias, con León V de Armenia; e finalmente, con Xoán de Lusignano.
- Manfredo (1306-1317), duque de Atenas.
- Isabel (1310-1349), casou co duque Estevoo II de Baviera.
- Guilerme (n.1312-1338), príncipe de Taranto, duque de Atenas e de Neopatria.
- Xoán (1317-1348), duque de Atenas e de Neopatria, rexente de Sicilia (1338-1348).
- Catarina (1320-1342), abadesa do convento de Santa Clara de Messina.
- Margarida (1331-1377), casou con Rodolfo II de Baviera.
Devanceiros de Lionor de Anjou
editar16. Filipe II de Francia | ||||||||||||||||
8. Lois VIII de Francia | ||||||||||||||||
17. Isabel de Hainaut | ||||||||||||||||
4. Carlos I de Anjou | ||||||||||||||||
18. Afonso VIII de Castela | ||||||||||||||||
9. Branca de Castela | ||||||||||||||||
19. Lionor Plantagenet | ||||||||||||||||
2. Carlos II de Anjou | ||||||||||||||||
20. Afonso II da Provenza | ||||||||||||||||
10. Ramón Berenguer IV da Provenza | ||||||||||||||||
21. Xersenda II de Sabran | ||||||||||||||||
5. Beatriz da Provenza | ||||||||||||||||
22. Tomé I de Savoia | ||||||||||||||||
11. Beatriz de Savoia | ||||||||||||||||
23. Margarida de Xenebra | ||||||||||||||||
1. Lionor de Anjou | ||||||||||||||||
24. André II de Hungría | ||||||||||||||||
12. Bela IV de Hungría | ||||||||||||||||
25. Xertrude de Merania | ||||||||||||||||
6. Estevo V de Hungría | ||||||||||||||||
26. Teodoro I Láscaris | ||||||||||||||||
13. María Láskarina | ||||||||||||||||
27. Ana Conmena Anxelina | ||||||||||||||||
3. María de Hungría | ||||||||||||||||
28. Suthoi, Khan de Cumania | ||||||||||||||||
14. Xonás de Cumania | ||||||||||||||||
7. Isabel a Cumana | ||||||||||||||||
Predecesor: Branca de Anjou |
Raíña consorte de Sicilia 17 de maio de 1302 - 25 de xuño de 1337 |
Sucesor: Isabel de Carintia |
Notas
editar- ↑ "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-17.
- ↑ 2,0 2,1 Naquela época o Reino de Sicilia debido aos coflitos entre os axevinos (franceses) e os sicilianos partidarios dos aragoneses, estaba dividido en dous reinos, cuxos titulares autodenominábanse reis de Sicilia, polo que para distinguir ambos os reinos utilízanse na historiografía os termos "Reino de Nápoles" ou Regnum Siciliae citra farum, para o peninsular, e "Reino de Sicilia", "Reino de Trinacria" ou Regnum Siciliae ultra farum, para o insular. Véxase Reino de Sicilia.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Casas reais de Sicilia e de Nápoles en Medieval Lands (en inglés)
- ↑ Leonor de Anjou pedigree (en inglés)
- ↑ 5,0 5,1 Capetos - Genealogy (en inglés)
- ↑ Carlos III de Nápoles Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine. en genealogie mittelalter (en alemán)
- ↑ Carlos II de Anjou era fillo de Carlos I de Anjou, irmán do rei de Francia Lois IX (San Lois), e de Beatriz de Provenza, última filla do conde da Provenza, Ramón Berenguer IV e de Beatriz de Savoia.
- ↑ Cumanos en Medieval Lands (en inglés)
- ↑ Isabel era a filla dun khan dos Cumanos, do que non se coñece o nome, sucesor de Xonás de Cumania.
- ↑ 10,0 10,1 10,2 Reis de Sicilia en Medieval Lands (en inglés)
- ↑ Costanza II de Sicilia, ou Costanza de Hohenstaufen, aínda que chamada de Sicilia, non debe confundirse con Costanza de Hauteville, tamén chamada de Sicilia, bisavoa de Costanza de Hohenstaufen.
- ↑ Di Matteo, Salvo (2006): La storia della Sicilia. Dalla preistoria ai nostri giorni Arquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine.. Roma: Arbor. ISBN 978-88-8632-530-1, p. 241.
- ↑ Nobiliario della città di Messina, Giuseppe Galuppi, p. 133.
- ↑ Enciclopedia storico-nobiliare italiana: famiglie nobili e titolate viventi riconosciute dal Real governo d'Italia compresi: città, comunità, mense vescovili, abazie, parrocchie ed enti nobili e titolati riconosciuti. Volume 4, Marchese Vittorio Spreti, Forni, p. 788.
- ↑ Barcelona - Genealogy Arquivado 15 de outubro de 2017 en Wayback Machine. (en inglés)
- ↑ Frederico III de Sicilia Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine. en genealogie mittelalter (en alemán)
- ↑ Frederico III e Lionor Arquivado 16 de novembro de 2017 en Wayback Machine. en familyhistory (en inglés)
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lionor de Anjou |
Bibliografía
editar- Kiesewetter, Andreas (1993): "Eleonora d'Angiò, regina di Sicilia" en: Dizionario Biografico degli Italiani. Volume 42. Treccani.
- Roman d’Amat, Jean-Charles (1970): "Éléonore d’Anjou" en: Dictionnaire de biographie française. Volume 12. París: Letouzey et Ané.